[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

STS-92

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-92
Lanzamento da misión STS-92.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de outubro de 2000, 23:17 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,90 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso24 de outubro de 2000[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID2000-062A

STS-92 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de outubro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Marcou o centésimo voo dun transbordador.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-92, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. Levou a viga Z1, varios xiroscopios, un adaptador de acoplamento e dous radiadores á estación. A tripulación fixo un total de catro paseos espaciais e antes de partir a Discovery elevou a órbita da estación cos seus propulsores.[3][5][6][7]

A tripulación estaba formada polo comandante Brian Duffy, a piloto Pamela A. Melroy e os especialistas de misión Koichi Wakata, Leroy Chiao, Peter J. K. Wisoff, Michael López-Alegría e William S. McArthur.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 24 de outubro de 2000.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608(E)). 1 de febreiro de 2001: 4. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-92 / ISS-3" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-92" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]