[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

STS-96

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-96
Lanzamento da misión STS-96.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de maio de 1999, 10:49 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,80 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso6 de xuño de 1999[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1999-030A

STS-96 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de maio de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-96, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións durante o primeiro acoplamento entre un transbordador e a estación. A tripulación, composta polo comandante Kent V. Rominger, o piloto Rick D. Husband e os especialistas de misión Ellen Ochoa, Tamara E. Jernigan, Daniel T. Barry, Julie Payette e Valeri Ivanovich Tokarev, instalou unha grúa denominada Strela, de fabricación rusa, no módulo Zarya e levou a cabo tarefas e instalación de distintos compoñentes. O transbordador elevou a órbita da estación cos seus motores e puxo en órbita un pequeno satélite denominado STARSHINE.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de xuño de 1999.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91066(E)). 9 de decembro de 1999: 4. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-96 / ISS-2A.1" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-96" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]