[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

STS-86

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-86
Lanzamento da misión STS-86.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de setembro de 1997, 2:34 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión10,81 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso6 de outubro de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-055A

STS-86 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 26 de setembro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-86, con seis astronautas (James D. Wetherbee, Michael J. Bloomfield, Vladimir G. Titov, Scott E. Parazynski, Jean-Loup Chrétien, Wendy B. Lawrence e David A. Wolf) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para transferir subministracións e tripulación e facer experimentos a bordo. O Atlantis, o día da partida, voou arredor da estación para buscar unha fuga no módulo Spektr causada pola colisión dunha nave Progress.[3][5][6][7]

O Atlantis chegou á estación o 27 de setembro. Durante a súa estancia tivo lugar a primeira actividade extravehicular conxunta entre un astronauta estadounidense e un cosmonauta ruso e transferíronse máis de catro toneladas desde o módulo Spacehab do transbordador á Mir. Tamén se fixeron unha serie de probas para estudar a resistencia estrutural da estación e varios experimentos a bordo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de outubro de 1997 con Michael Foale a bordo e deixando a Wolf na Mir.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 7. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (26 de outubro de 2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]