SEAT 1500
SEAT 1500 | |
Matriz | Instituto Nacional de Industria |
Fabricante | SEAT |
País | España |
Deseño | Dante Giacosa |
Produción | 134.766 unidades |
Montaxe | Barcelona, Cataluña |
Período | 1963 - 1973 |
Configuración | |
Tipo | Automóbil de turismo |
Segmento | Segmento D |
Carrozaría | Sedán catro portas Familiar cinco portas Furgoneta dúas portas Camioneta dúas portas |
Configuración | Motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira |
Dimensións | |
Lonxitude | 4465 mm |
Anchura | 1620 mm |
Altura | 1431 mm |
Peso | 1210 kg |
Características técnicas | |
Motor | 1481 cc gasolina 1767 cc diésel 1988 cc diésel (72, 46 e 55 CV) |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Fiat 1800/2100, Fiat 2300, Fiat 1300/1500 |
Antecesor | SEAT 1400 |
Sucesor | SEAT 132 |
O SEAT 1500 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1963 e 1972, con licenza da empresa Fiat. O modelo 1500 foi o sucesor do SEAT 1400 C, empregando a mesma carrocería, pero cun motor novo e certos detalles diferentes no deseño do velocímetro. O SEAT 1500 pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4, 5 ou 2 portas segundo as versións.
O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 1481 cc e producía 72 cabalos de potencia. Nas posteriores versións, o coche montou novos motores diésel. O motor diésel de 1767 cc producía 46 CV, e o motor diésel de 1988 cc ofrecía unha potencia de 55 CV.
O SEAT 1500, do cal se produciron 134.766 unidades, foi substituído en 1973 polo SEAT 132.