[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Neon Bible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neon Bible
Álbum de Arcade Fire
Publicado3 de marzo do 2007
Gravación2006
Duración47:03
Xénero(s)indie rock, baroque pop
Selo(s)Merge Records
ProdutorArcade Fire
Cronoloxía
Funeral
(2004)
Neon Bible The Suburbs
(2010)
Na rede
Spotify: 6VAaqblQv4EEI6BQzAhBj9 Discogs: 5410 Allmusic: mw0000562187 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Neon Bible é o segundo álbum da banda canadense de indie rock Arcade Fire, editado o 3 de marzo do 2007 a través do selo Merge Records, aínda que orixinalmente foi anunciado para o 16 de decembro do 2006 na súa páxina web. A meirande parte do disco foi gravado nunha igrexa que a banda mercou e restaurou.

Neon Bible estreouse no número 2 da lista Billboard 200, vendendo 92.000 copias na súa primeira semana e 400.000 ata a data. Foi publicado no mesmo tempo que os exitosos álbums de The Shins Wincing the Night Away e de Modest Mouse We Were Dead Before the Ship Even Sank, e foi citado como un exemplo da popularización do indie rock. Os críticos elaboraron recensións moi faborables do disco e publicacións como NME e IGN eloxiaron o álbum polo seu carácter grandioso[1][2], mentres que Rolling Stone e Uncut dixeron que o resultado era un son distante e esaxerado.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Arcade Fire.

Todas as voces principais por Win Butler, agás onde se indique.. 

N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Black Mirror"    4:13
2. "Keep the Car Running"    3:29
3. "Neon Bible"    2:16
4. "Intervention"    4:19
5. "Black Wave/Bad Vibrations"  Régine Chassagne (primeira metade), Butler (segunda metade) 3:56
6. "Ocean of Noise"    4:53
7. "The Well and the Lighthouse"  Butler, Chassagne 3:57
8. "(Antichrist Television Blues)"    5:10
9. "Windowsill"    4:16
10. "No Cars Go"  Butler, Chassagne 5:43
11. "My Body Is a Cage"    4:47
46:59