Nadezhda
Nadezhda foi unha serie de satélites artificiais soviéticos e logo rusos de axuda á navegación.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]O satélites Nadezhda daban servizo á mariña mercante soviética e á Academia de Ciencias, pero tamén foi usado polos militares xunto cos satélites Tsikada. Daban servizo tamén ao sistemas COSPAS de emerxencia e rescate internacional. Os satélites tiñan forma de cilindro cunha masa de 820 kg e estabilizábanse mediante gradente gravitatorio. Emitían en frecuencias de arredor de 150 e 400 MHz, podendo usarse para determinar posicións cunha precisión de ata 3 km, e tiñan órbitas duns 1000 km de altura con inclinacións orbitais de arredor de 83º. O satélite Nadezhda lanzado en 2002 levaba a bordo tamén o sistema Kurs para asistir a vehículos en problemas, pasando a denominarse Nadezhda-M. Tódolos satélites foron lanzados medianfe foguetes Kosmos 3M. Os tres primeiros satélites foron lanzados mediante a denominación Kosmos, mentres que o resto recibiron a denominación definitiva. Foron sucedidos a partir de 2009 polos satélites Sterkh.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Kosmos 1383 | 29 de xuño de 1982 | Kosmos 3M | Éxito |
Kosmos 1447 | 24 de marzo de 1983 | Kosmos 3M | Éxito |
Kosmos 1574 | 21 de xuño de 1984 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 1 | 4 de xullo de 1989 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 2 | 27 de febreiro de 1990 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 3 | 12 de marzo de 1991 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 4 | 14 de xullo de 1994 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 5 | 10 de decembro de 1998 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 6 | 28 de xuño de 2000 | Kosmos 3M | Éxito |
Nadezhda 7 (Nadezhda-M) | 26 de setembro de 2002 | Kosmos 3M | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Nadezhda" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nadezhda (11F643N, 17F118)" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nadezhda-M" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020.