Nosa Señora das Dores
Nosa Señora das Dores | |
---|---|
Virxe das Dores, na Igrexa de San Salvador, Getaria, Gipúscoa, Euskal Herria | |
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Orixe da devoción | c. 1240 en Toscana, Italia, por Orde dos Servos de María (Servitas) |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa Católica |
Festividade | 15 de setembro |
Atributos | Corazón traspasado por unha espada, en alusión á profecía de Simeón |
Patroa de | Eslovaquia, Mississippi |
A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.
A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.
En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:
- A profecía de Simeón.
- A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
- Xesús perdido no Templo durante tres días.
- María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
- A Crucifixión e Morte de Xesús.
- María recibe a Xesús baixado da Cruz.
- A sepultura de Xesús.
Veneración
[editar | editar a fonte]A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.
É patroa de Ecuador,[1] Eslovaquia,[2][1] do estado de Mississippi[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ruiz Scaperlanda, Maria (2002). The Seeker's Guide to Mary. Loyola Press. ISBN 9780829414899.
- ↑ Guiley, Rosemary (2001). The Encyclopedia of Saints. Infobase Publishing. p. 368. ISBN 9781438130262.
- ↑ Espinoza, Cholene (2006). Through the Eye of the Storm: A Book Dedicated to Rebuilding what Katrina Washed Away. Chelsea Green Publishing. p. 189. ISBN 9781933392189.
It's no wonder the Mississippi state patron saint is Our Lady of Sorrows.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosa Señora das Dores |