Nova Gales do Sur
Nova Gales do Sur[1][2] (en inglés, New South Wales) é o estado máis antigo e poboado de Australia. Atópase na parte suroriental do país, ao norte de Victoria e ao sur de Queensland. Foi fundado en 1788 e orixinalmente incluíu boa parte da terra de Australia, Nova Zelandia e outras illas da rexión. Con todo, durante o século XIX, separáronse varios territorios deste estado, formando as colonias británicas de Tasmania, Australia Meridional, Victoria, Queensland e Nova Zelandia.
Nova Gales do Sur é coñecida por Port Jackson, que é o porto máis importante da capital, Sidney, onde viven aproximadamente dous terzos da poboación total do estado. Tamén é coñecida por varios pobos pequenos do campo como Tamworth, o "fogar da música country" de Australia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As súas catro cidades principais son, de norte a sur, Newcastle, Gosford, Sidney e Wollogong, todas elas na costa. Tamén destacan as localidades de Albury, Broken Hill, Dubbo, Tamworth, Armidale, Lismore, Nowra, Griffith, Leeton, Wagga Wagga, Goulburn e Coffs Harbour.
Fisicamente, o estado de Nova Gales do Sur pode dividirse en catro seccións:
- A franxa costeira, con climas que van desde o fresco amornado no extremo sur ata o case subtropical na fronteira con Queensland.
- As rexións montañosas da Gran Barreira Divisoria e as terras altas á súa ao redor. Moitos picos superan os mil metros de altitude, sendo o máis alto o Monte Kosciuszko, con 2.229 metros.
- As chairas destinadas sobre todo á agricultura que ocupan boa parte da superficie do estado. A densidade de poboación é aquí moi inferior á da costa.
- As chairas áridas do extremo noroccidental do estado, case inhabitables.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]A forma de goberno de Nova Gales do Sur é descrita na súa Constitución, que data de 1856, aínda que foi emendada en numerosas ocasións. Desde 1901, Nova Gales do Sur é un estado da Mancomunidade de Australia, e a Constitución australiana regula a súa relación coa Mancomunidade. De acordo coa norma fundamental australiana, Nova Gales do Sur cedeu certos poderes lexislativos e xudiciais á Mancomunidade, pero retivo os demais. Na práctica, no entanto, a autonomía dos estados australianos viuse recortada polo crecente predominio financeiro da Mancomunidade.
O Parlamento do Estado está composto por dous cámaras: a Asemblea Lexislativa (cámara baixa) e o Consello Lexislativo (cámara alta). O xefe de Goberno é o Primeiro Ministro do Estado, actualmente Morris Iemma, do Partido Laborista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nova Gales do Sur |