[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nájera

Modelo:Xeografía políticaNájera
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°24′57″N 2°44′03″O / 42.415833333333, -2.7341666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaA Rioxa Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalNájera Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.059 (2023) Editar o valor en Wikidata (215,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37,44 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude485 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMarta Martínez García Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE26102 Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Identificador575

Páxina webnajera.es Editar o valor en Wikidata

Nájera[1] é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, atravesada polo río Najerilla.

Os estudos arqueolóxicos sinalan unha densa ocupación prehistórica dos outeiros que bordean a cidade actual e dos situados no seu termo municipal, polo menos desde a Idade de Bronce. Durante a Idade de Ferro apréciase un continuado proceso de concentración da poboación, que desembocará na aparición de poboados máis complexos compostos por vivendas rectangulares parcialmente escavadas na roca, construídas con armazóns de madeira e adobes (Cerro Molino). Estes poboados celtibéricos que atopan, e ás veces destrúen, os conquistadores romanos correspóndense aos poboadores berones que citan as fontes clásicas.

Durante o período romano, a Nájera actual forma parte de Tritium Magallum (Tricio), localidade situada a dous quilómetros.

Baixo dominio musulmán levántase un castelo-refuxio no cumio do cerro que domina Nájera, praza que será fundamental no control da Rioxa Alta e da fronteira cristiá.

Desde principios do século X menciónase Nájera nas narracións sobre as continuas loitas entre mouros e cristiáns. Á poboación déronlle os árabes o nome de Náxara ("Lugar entre penas" ou "Lugar ao mediodía") e ó seu río Nalia chamáronlle Najarilla.

  1. "Nájera". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1438. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]