Museumplein
O Museumplein (literalmente en galego: Praza do Museo) é unha praza en Ámsterdam (Países Baixos). A praza é chamada do Museo polos catro museos localizados en ela: o Rijksmuseum, o Museo van Gogh, o Stedelijk Museum, e o Museo do diamante. A praza foi reconstruída en 1999 por Sven-Ingvar Andersson. É usada para os grandes eventos da cidade, como festivais, concertos, celebracións ou exposicións. A praza está case na súa totalidade cuberta de céspede, a excepción da parte norte da praza, que está cuberta con grava. Fixéronse plans en 2008 para volver remodelar a praza, debido a que moitos amsterdameses non están satisfeitos co seu aspecto actual.
Reconstrución
[editar | editar a fonte]A praza foi reconstruída en 1999. O deseño da nova Museumplein é do arquitecto paisaxista sueco-dinamarqués Sven-Ingvar Andersson. A remodelación incluíu un aparcadoiro e un supermercado soterrados. No inverno o estanque que está na fronte do Rijksmuseum é ás veces transformado nunha pista de patinaxe sobre xeo no inverno.