[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mujik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mujik ou mujique (en ruso Мужик, que significa home) era o nome que se lles daba ós campesiños rusos, en xeral antes de 1917 (ano da revolución soviética), durante a Rusia dos tsares. O termo connota un certo grao de pobreza, posto que ata 1861 os mujiks eran servos. Tralas reformas agrícolas desta data, déronselles parcelas de seu para traballaren, converténdose así en campesiños libres. En ruso a palabra ten outras connotacións.

A palabra chegou ás linguas occidentais a través do seu amplo uso na literatura rusa (sobre todo en Tolstoi e Dostoievski), na que se describe os mujiks como seres pobres e ignorantes, e mesmo en ocasións como perversos e corruptos.