[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mudbound (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mudbound
Ficha técnica
Título orixinalMudbound
DirectorDee Rees
ProdutorCarl Effenson
Sally Jo Effenson
Cassian Elwes
Charles King
Christopher Lemole
Kim Roth
Tim Zajaros
GuiónDee Rees
Virgil Williams
Baseado enMudbound de Hillary Jordan
Intérpretes
MúsicaTamar-kali
FotografíaRachel Morrison
MontaxeMako Kamitsuna
EstudioElevated Films
Joule Films
DistribuidoraNetflix
EstreaFestival de Cinema de Sundance: 21 de xaneiro de 2017
17 de novembro de 2017
Duración134 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento10 millóns de dólares[2]
Recadación117 344 dólares[3]
Na rede
IMDB: tt2396589 Filmaffinity: 924281 Allocine: 246062 Rottentomatoes: m/mudbound Mojo: mudbound Allmovie: v673577 TCM: 2116800 Metacritic: movie/mudbound
Twitter: mudboundmovie Netlix: 80175694 Editar o valor en Wikidata

Mudbound é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Dee Rees e escrito por Rees e Virgil Williams. Baséase na novela homónima escrita por Hillary Jordan. Está protagonizado por Carey Mulligan, Garrett Hedlund, Jason Clarke, Jason Mitchell, Jonathan Banks e Mary J. Blige. O filme conta a historia de dous veteranos da segunda guerra mundial, un branco e outro negro, que regresan á unha zona rural de Mississippi tratando de afrontar o racismo e o trastorno por estrés postraumático respectivamente. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2017,[4] e foi distribuída por Netflix, cunha estrea limitada nas salas de cinema o 17 de novembro de 2017.

A crítica eloxiou o guión, a dirección e as interpretacións (especialmente as de Mitchell e Blige)[5] e na 75ª edición dos Globos de Ouro recibiu nomeamentos nas categorías de mellor actriz secundaria (Blige) e mellor canción orixinal ("Mighty River").[6] Na 90ª edición dos Óscar, o filme conseguiu catro nomeamentos: mellor actriz secundaria e mellor canción orixinal para Blige, mellor guión adaptado e mellor fotografía, a última das cales converteu a Rachel Morrison na primeira muller nomeada nesta categoría. Blige converteuse na primeira persoa nomeada por actuar e cantar nun mesmo ano.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Carey Mulligan como Laura McAllan (née Chappell)
  • Jason Clarke como Henry McAllan
  • Mary J. Blige como Florence Jackson
  • Rob Morgan como Hap Jackson
  • Jason Mitchell como Ronsel Jackson
  • Garrett Hedlund como Jamie McAllan
  • Jonathan Banks como Pappy McAllan
  • Frankie Smith como Marlon Jackson
  • Kennedy Derosin como Lilly May Jackson
  • Elizabeth Windley como Amanda Leigh McAllan
  • Piper Blaire como Isabelle McAllan
  • Jason Kirkpatrick como Orris Stokes
  • Kerry Cahill como Rose Tricklebank
  • Oyeleke Oluwafolakanmi como Cleve
  • Kelvin Harrison Jr. como Weeks
  • Lucy Faust como Vera Atwood
  • Dylan Arnold como Carl Atwood
  • Samantha Höefer como Resl
  • Geraldine Singer como Mrs. Chappell
  • Henry Frost como Teddy Chappell
  • Claudio Laniado como Dr. Pearlman
  • Charley Vance como Sheriff Thacker
  1. "Mudbound". British Board of Film Classification. Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  2. "Netflix Buys Sundance Drama 'Mudbound' for $12.5 Million". Variety. 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  3. "Mudbound (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  4. Patten, Dominic (5 de decembro de 2016). "Sundance 2017: Robert Redford, New Rashida Jones Netflix Series, ‘Rebel In The Rye’ & More On Premiere, Docu, Midnight & Kids Slates". Deadline Hollywood. 
  5. "Sundance: 'Mudbound' Premieres to Rapturous Standing Ovation and Oscar Buzz". Variety. 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  6. Rubin, Rebecca (11 de decembro de 2017). Variety, ed. "Golden Globe Nominations: Complete List". Consultado o 11 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]