[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mil Mi-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mil Mi-4
Tipohelicóptero de transporte
Primeiro voo3 de xuño de 1952
Introducido1953
Produción1951 - 1979
Unidades construídasmáis de 4 000
VariantesHarbin Z-5

O Mil Mi-4 (designación USAF/DoD: "Type 36",[1] designación OTAN: "Hound")[2] é un helicóptero de transporte soviético utilizado tanto en roles civís como militares.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Mi-4 foi deseñado en resposta ao Sikorsky H-19 Chickasaw estadounidense e ao despregamento de helicópteros deste país durante a guerra de Corea. Aínda que o Mi-4 aseméllase bastante ao H-19 Chickasaw no seu esquema xeral, este inclúe o seu motor díante da cabina de mando, é máis grande, pode levar máis peso e construíuse en maior cantidade. O primeiro modelo entrou en servizo no ano 1953.

Un Mi-4 foi contruído cun rotor desbotable. Utilizouse como un vehículo experimental para futuros métodos de seguridade e exección dos pilotos.[3]

  1. "Designations of Soviet and Russian Military Aircraft and Missiles". www.designation-systems.net. Consultado o 2020-12-22. 
  2. "Designations of Soviet and Russian Military Aircraft and Missiles". www.designation-systems.net. Consultado o 2020-12-22. 
  3. "Mi-4 HOUND (MIL)". www.globalsecurity.org. Consultado o 2020-12-22.