Meindert Hobbema
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1638 Ámsterdam, Países Baixos |
Morte | 7 de decembro de 1709 (71 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Arte de paisaxes |
Catálogo crítico | Meindert Hobbema catalog raisonné, 1911 (en) (1911) Minderhout Hobbema catalogue raisonné, 1835 (en) (1835) |
Profesores | Jacob van Ruisdael |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) The New Theatre of Dutch Painters (en) , (sec:N. Hobbema, V2, pag. 490) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Meindert Lubbertszoon Hobbema, nado en Ámsterdam o 31 de outubro de 1638 e finado o 7 de decembro 1709, foi un pintor holandés de paisaxes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Meindert Hobbema casou a idade de 30 anos, o 2 de novembro de 1668 na Oude Kerk (Igrexa vella) de Ámsterdam cunha cociñeira, Eeltje Vinck de Gorcum. Foron padriños, o irmán da noiva, Cornelius Vinck e o pintor Jacob van Ruisdael, de quen era discípulo Hobbema. O matrimonio tivo catro fillos entre 1668 e 1673. Por influencias da súa muller foi nomeado inspector de viños da cidade de Ámsterdam (1669), cargo no que se mantivo durante corenta anos. Durante ese tempo a pintura non foi para el xa outra cousa que un segundo oficio. A parella viviu en Rozengracht, non lonxe da morada de Rembrandt. En 1704 faleceu a súa dona, e cinco anos despois, o 14 de decembro de 1709, morreu o pintor, que está inhumado na Armenfriedhof der Westerkerk (Cemiterio de pobres da Westerkwrk) en Ámsterdam.
Para algúns é o máis grande dos pintores paisaxistas holandeses xunto con Jacob van Ruisdael. Hobbema é famoso polo seu impactante cadro "O camiño de Middelharnis" (Het Laantje van Middelharnis), 1689, na actualidade exposto na National Gallery de Londres.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meindert Hobbema |