Medula (botánica)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Medula.
En botánica a medula ou arro é o tecido mol que constitúe o interior de moitos talos, caules e thallus. Nos talos das dicotiledóneas, ximnosperma e nalgúns pteridófitas, é un parénquima (parénquima medular) incoloro e de membranas sutís que ocupa a parte interna do cilindro central, e limitado polo exterior por feixes vasculares. Adoita seu un tecido lixeiro e ás veces pode ser máis ou menos reabsorbido, dando talos fistulosos e ocos[1][2]. Nas talófitas, simplemente é un tecido máis laxo que a parte exterior do talo. Tamén é chamado en galego miolo ou molo, especialmente cando é brando ou mol.
.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rudall, P. 2007. Anatomy of flowering plants: an introduction to structure and development. Cambridge University Press.
- ↑ ESAU, K. 1988. Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur. ISBN 950-00-4233-9