[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Medida cautelar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os xuíces poden impor estas medidas

As medidas cautelares son as ditadas mediante providencias xudiciais, co fin de asegurar que certo dereito poderá ser feito efectivo no caso dun litixio no que se recoñeza a existencia e lexitimidade de tal dereito. As medidas cautelares non implican un respecto da existencia dun dereito do proceso, pero si a adopción de medidas xudiciais tendentes a facer efectivo o dereito que eventualmente sexa recoñecido.

Por tanto, son todas aquelas actuacións ou decisións que, sen prexulgar do resultado final, de contido positivo ou negativo, que un órgano da Administración pública ou un xuíz ou maxistrado do poder xudicial, pode adoptar para que as resultas da resolución administrativa ou xudicial fornezan plenos efectos para os interesados ou para a parte procesual. Para iso, esíxese a concorrencia de dous requisitos: o fumus boni iuris ou aparencia de bo dereito e o periculum in mora ou perigo/risco polo paso do tempo.[1]

  1. Calvet Botella, Julio. "Medidas cautelares civiles". Ministerio de Xustiza (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]