Mexicas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Os mexicas, eran unha tribo nómade e atlacachichimeca, é dicir, "pescadores e cazadores", que chegaron a Cuenca de México a finais do século XIII.
A civilización mexica
[editar | editar a fonte]Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó Val de México. Segundo o Códice Boturini ou “Tira da Peregrinación”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (Outeiro da serpe en náhuatl, estaban divididos entre os seguidores de Huitzilopochtli e outros que seguían a súa irmá Coyolxuahqui, estes últimos querían quedar alí en vez de seguir en busca da terra prometida por Huitzilopochtli. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de Huitzilopochtli que continuaron polo sur, separáronse dos outros aztecas en Coatepec. Por iso cando o deus tutelar Huitzilopochtli dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara a un novo asentamento, deixarían de denominarse aztecas (tribo procedente de Aztlán, de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse mexicas, cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a Lenda da fundación do Imperio Azteca: o deus Huitzilopochtli ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade México-Tenochtitlan(Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).
Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que Huitzilopochtli deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as crónicas de Mexicayotl, Mexi é un dos nomes dados a Huitzilopochtli.
A cosmogonía Mexica
[editar | editar a fonte]Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de Ometéotl, deidade dobre integrada por Ometecuhtli o señor dous e Omecíhuatl a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no Omeyoca; xunto a estas deidades houbo outra parella Tonacatecuhtli e Tonacacíhuatl, señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron Intonan e Intota, madre e pai dos homes.
Había outras deidades maiores como Yohualli e Enecatl, o invisible e impalpable; Moyocoyani creador de si mesmo; a parella Tezcatlipoca e Tezcatlanextia, que iluminan e escurecen o ceo; Huehueteoti o Xiuhtecuhtli o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais dalgunhas deidades menores como Xochipilli e Xochiquetzal deuses do amor, das flores e da primavera; Centéotl e Xilonen, deuses do millo; Chalchiutlicue deusa da auga dos ríos e lagos; Chicomécoóatl deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- R. BOLAÑOS MARTÍNEZ . Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilización de nuestro tiempo, Volumen 2. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.