[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mary Mallon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Mallon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Cookstown, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
North Brother Island, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Raymond's Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Typhoid Mary, 1869-1938, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6049136 WikiTree: Mallon-121 Find a Grave: 2166 Editar o valor en Wikidata

Mary Mallon, nada en Cookstown o 23 de setembro de 1869 e finada en Nova York o 11 de novembro de 1938, coñecida como Typhoid Mary (María Tifoide ou María a Tifosa), foi unha cociñeira irlandesa, a primeira persoa nos Estados Unidos identificada como portadora sa ou asintomática dos patóxenos asociados coa febre tifoide (Salmonella Typhi e Salmonella Paratyphi A e B).[1]

Non se sabe cantas persoas infectou no transcurso da súa carreira como cociñeira.[2] Foi posta en corentena en dúas ocasións polas autoridades de saúde pública e faleceu despois de case tres décadas en corentena total.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mallon naceu en Cookstown, Irlanda do Norte e emigrou aos Estados Unidos en 1884. En 1900 traballou nunha casa de Mamaroneck, Nova York. En menos de dúas semanas, os residentes contraeron febre tifoide. Entre 1900 e 1907 traballou como cociñeira nas casas de oito familias,[5][6] a última delas en Park Avenue, e en cada unha delas a xente enfermaba ou morría. Cando isto sucedía, Mallon liscaba e atopaba traballo noutro lugar. A familia dunha das vítimas contratou un investigador chamado George Soper, quen identificou a Mallon como portadora asintomática. Segundo algunhas versións, cando Soper se enfrontou a ela por primeira vez, botouno fóra da cociña ameazándoo cun garfo de trinchar.[7]

Mudouse a Manhattan en 1901 e os membros da familia para a que traballou tamén desenvolveron a doenza. A continuación pasou a traballar para un avogado ata que tivo relacións sexuais con el, contaxiándoo. Sete dos oito membros da familia desenvolveron a febre tifoide.[8][9] En 1906 estableceuse en Oyster Bay, Long Island.[10] En dúas semanas, seis dos once membros da familia para a que traballaba foron hospitalizados con febre tifoide. Cambiou sucesivamente de emprego, contaxiando os habitantes doutras tres casas. As autoridades de Nova York estaban desesperadas, e en 1907 foi exiliada ás instalacións de illamento en North Brother Island no río ás aforas de Nova York.

Mary iniciou accións legais alegando que era inxusto tratala como unha paria cando non fixera nada mao. O seu caso foi amplamente cuberto polo magnate da prensa William Randolph Hearst, que contou por primeira vez o caso o 20 de xuño de 1909. O apoio de Hearst acabou por ser unha espada de dobre fío para Mallon: a publicidade que xerou deulle os cartos para as súas accións legais, mais o alcume "Typhoid Mary", que a perseguiu o resto da súa vida[11] xurdiu das publicacións do xornal.

Despois de que se levantase o illamento, Mallon tratou de traballar na lavandaría, mais finalmente volveu cociñar usando nomes falsos, chegando a traballar nas cociñas dun hospital.[12] Cando as autoridades a localizaron novamente en 1915 non houbo campañas na prensa nin simpatía que a salvase. Mallon foi enviada de novo ao illamento e viviu confinada durante vinte e tres anos. En 1932 sufriu un infarto cerebral que lle deixou a metade do corpo paralizado e do que non se recuperou. Faleceu en 1938 aos 69 anos por mor dunha pneumonía.[13]

  1. "'Typhoid Mary' Dies Of A Stroke At 68. Carrier of Disease, Blamed for 51 Cases and 3 Deaths, but Immune". The New York Times. 12 de novembro de 1938. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2010. 
  2. "'Typhoid Mary' Dies Of A Stroke At 68. Carrier of Disease, Blamed for 51 Cases and 3 Deaths, but She Was Held Immune". New York Times. 12 de novembro de 1938. Consultado o 5 de xullo de 2011. Mary Mallon, the first carrier of typhoid bacilli identified in America and consequently known as Typhoid Mary, died yesterday in Riverside Hospital on North Brother Island. 
  3. The Gospel of Germs: Men, Women, and the Microbe in American Life, ISBN 0674357086
  4. Typhoid Mary: An Urban Historical, ISBN 160819518X
  5. Elsevier 2013, p. 56.
  6. Walzer Leavitt 1996, p. 16.
  7. Soper, George A. (15 de xuño de 1907). "The work of a chronic typhoid germ distributor". J Am Med Assoc (en inglés) 48 (24): 2019–22. doi:10.1001/jama.1907.25220500025002d. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019. 
  8. McCaff, Dex (14 de agosto de 2000). "Who was Typhoid Mary?". The Straight Dope. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  9. Adler & Mara 2016, pp. 140–141.
  10. Bartoletti, Susan Campbell (2015). Terrible Typhoid Mary: A True Story of the Deadliest Cook in America. p. 180. 
  11. Connolly, Kevin (20 de abril de 2020). "How Typhoid Mary left a trail of scandal and death". BBC News (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  12. Soper 1939, pp. 708–710.
  13. Doria, Sergi (2023-02-26). "Mary Mallon, la cocinera de la muerte". ABC (39.140) (Madrid). p. 18. Consultado o 2023-03-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]