[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mary Corinna Putnam Jacobi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Corinna Putnam Jacobi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1842 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1906 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemeningioma (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónParis Medical Faculty (en) Traducir (–1871)
Women's Medical College de Pensilvania (–1864)
Columbia University College of Pharmaceutical Sciences (en) Traducir (–1862) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédica, escritora, farmacéutica, sufraxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWoman's Medical College of the New York Infirmary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAbraham Jacobi (1873–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosMarjorie Jacobi McAneny Editar o valor en Wikidata
PaiGeorge Palmer Putnam Editar o valor en Wikidata
IrmánsHerbert Putnam
George Haven Putnam
John Bishop Putnam
Ruth Putnam Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteA Woman of the Century (en) Traducir, (sec:Mary Putnam Jacobi)
American Medical Biographies (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Putnam-1974 Find a Grave: 32252169 Editar o valor en Wikidata

Mary Corinna Putnam (tamén coñecida como Mary Putnam) nada o 31 de agosto de 1842 e finada o 10 de xuño de 1906, foi unha médica, escritora, e sufragette estadounidense.[1] Loitou pola integración dos estudos clínicos e de laboratorio na medicina. Desprezando evidencias anecdóticas e dogmas tradicionais, reclamou a procura científica en cada cuestión da práctica médica. Como líder feminista, rexeitou as crenzas tradicionais acerca da debilidade das mulleres.[2] O seu traballo con reformistas e sufraxistas converteuna nunha das principais portavoces acerca da saúde das mulleres durante a época progresista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do editor George Palmer Putnam e de Victorine Haven Putnam, naceu en Londres, onde o seu pai estivera vivindo desde 1841 mentres establecía unha sucursal da editorial neoiorquina Wiley & Putnam. Era a maior de once irmáns.[3]

A familia regresou aos Estados Unidos en 1848, polo que Mary pasou a súa nenez e adolescencia en Nova York. Recibiu a maior parte da súa primeira educación no seu fogar, completada con dous anos nunha nova escola pública para mozas onde se graduó en 1859. Publicou un primeiro relato titulado "Found and Lost" ("Atopado e Perdido") en abril de 1860 no Atlantic Monthly, e un segundo relato un ano máis tarde. Despois da súa gradación en 1859, estudou grego, ciencias, e medicina en privado con Elizabeth Blackwell e con outros profesores. O seu pai pensaba que medicina era unha profesión "repulsiva", pero finalmente apoiou o seu empeño.

Serviu durante a Guerra Civil estadounidense como asesora médica.[4] Graduouse na Facultade de Farmacia da Universidade de Nova York en 1863 e gañou o seu título de medicina na "Female (later Women's) Medical College of Pennsylvania" en 1864. Unha curta estancia no "New England Hospital for Women and Children" mostroulle a necesidade de seguir estudando antes de poder practicar a súa profesión. Partiu cara a París para estudar na École de Médecine da Universidade de París, dirixida por entón polo prestixioso químico Charles Adolphe Wurtz. Despois de moitas negociacións e grazas á axuda do psiquiatra Benjamin Ball, foi admitida na escola de medicina como a primeira muller estudante.[2] Graduouse en xullo de 1871, sendo a segunda muller en facelo alí, e recibindo o segundo premio pola súa tese.

Os seus estudos en París coincidiron coa guerra franco-prusiana. En agosto de 1871, publicou no "Scribner's Monthly" unha análise sobre o novo liderado político francés posterior á guerra.

Despois de regresar aos Estados Unidos tras os acontecementos de París de 1871, estableceu unha consulta médica en Nova York, sendo a segunda muller pertencente á Sociedade Médica do Condado de Nova York. Foi admitida na Asociación Médica Americana, e obtivo o cargo de profesora no novo "Colexio Médico Feminino de Enfermaría" de Nova York. En 1872 organizou a Asociación Médica das Mulleres de Cidade de Nova York.[2] Foi a súa presidenta desde 1874 a 1903. Fixo campaña coherentemente para que as principais escolas médicas, como a Johns Hopkins, admitisen alumnado feminino.[4] O seu elevado nivel docente na Universidade Médica estaba moi por encima do que o seu alumnado estaba preparado para asimilar, o que lle levou a dimitir en 1888.

Recibiu o Premio Boylston da Universidade de Harvard en 1876 por un ensaio orixinal titulado "The Question of Rest for Women during Menstruation" (A cuestión do descanso para as mulleres durante a menstruación), que botou por terra a arraigada teoría de que as mulleres que non cesaban a súa actividade sexual durante a menstruación danaban os seus órganos reprodutivos.[2] En 1891 contribuíu cun artigo á historia de mulleres médicas nos Estados Unidos, no volume dedicado ao Traballo das Mulleres en América (Women's Work in America). Achegou unha bibliografía de artigos escritos por médicas estadounidenses, incluíndo referencias de máis de corenta dos seus propios traballos.

En 1873, casou con Abraham Jacobi, quen a miúdo é citado como o "pai da pediatría americana". Tiveron tres fillos, aínda que só unha filla sobreviviu até a idade adulta, Marjorie Jacobi McAneny. Jacobi educou á súa filla segundo as súas propias teorías educativas.

Escribiu máis de 100 artigos médicos. Deixou de escribir relatos en 1871. En 1894, escribiu "Common Sense Applied to Women's Suffrage" (O sentido común aplicado ao sufraxio das mulleres), posteriormente reimpreso e utilizado para apoiar o movemento de sufraxio das mulleres nos Estados Unidos.[4]

Mentres que a súa mentora Elizabeth Blackwell (1821-1910) viu a medicina como un medio para a reforma social e moral, Jacobi centrouse na curación de enfermidades. Nun nivel máis profundo de desacordo, Blackwell sentía que as mulleres terían éxito en medicina debido aos seus valores humanos femininos, mentres que Jacobi opinaba que as mulleres debían participar en pé de igualdade cos homes en todas as especialidades médicas.[5]

Cando se lle diagnosticou un tumor cerebral, documentou os seus propios síntomas e publicou un artigo respecto diso titulado "Descriptions of the Early Symptoms of the Meningeal Tumor Compressing the Cerebellum" (Descrición dos síntomas temperáns dun tumor meningeal comprimindo o cerebelo[2]). Está enterrada no "Green-Wood Cemetery" no cemiterio de Green-Wood de Brooklyn, Nova York.

  1. Denise Grady (11 de novembro de 2013).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Swaby, Rachel (2015).
  3. "Dr. Mary Putnam Jacobi".
  4. 4,0 4,1 4,2 Bowman, John, ed. (2001).
  5. Regina Markell Morantz, "Feminism, Professionalism and Germs: The Thought of Mary Putnam Jacobi and Elizabeth Blackwell", American Quarterly (1982) 34:461-478. in JSTOR

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]