[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mark Hamill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMark Hamill

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mark Richard Hamill Editar o valor en Wikidata
25 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónLos Angeles City College (en) Traducir
Annandale High School (en) Traducir
James Madison High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de dobraxe, escritor, produtor de cinema, actor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioWilliam M. Patrick
Patrick Williams Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosNathan Hamill, Griffin Hamill, Chelsea Hamill Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Hamill Editar o valor en Wikidata  e Virginia Hamill Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000434 Allocine: 427 Rottentomatoes: celebrity/mark_hamill Allmovie: p29931 TCM: 79973%7C0 Metacritic: person/mark-hamill TV.com: people/mark-hamill IBDB: 43873
Facebook: HamillHimself Twitter: MarkHamill Instagram: markhamill TikTok: hamillhimself BNE: XX1424551 Musicbrainz: 29c2b930-b3da-481b-96d0-d50b583831ad Discogs: 597812 WikiTree: Hamill-277 Editar o valor en Wikidata

Mark Richard Hamill, nado en Oakland, California o 25 de setembro de 1951, máis coñecido como Mark Hamill, é un actor de cine, teatro e televisión, actor de voz, director e escritor estadounidense, principalmente recoñecido por interpretar a Luke Skywalker na serie de películas de A guerra das galaxias.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mark Hamill naceu en Aukland, California, fillo de Virginia Suzanne (Johnson de solteira) e do capitán da Armada dos Estados Unidos William Thomas Hamill.[1] El é un dos sete fillos da parella; ten dous irmáns, Will e Patrick e catro irmás Terry, Jan, Jeanie e Kim.[2] Seu pai ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e galesa; súa nai ten ascendencia inglesa e sueca.[3][4] Hamill describiu a seu pai como fervoroso católico e republicano partidario de Nixon.[5] Dende a nenez, debido á carreira militar de seu pai, a familia mudou continuamente de residencia, acudindo a diferentes escolas durante a súa etapa de formación. Durante os anos de primaria asistiu á Walsingham Academy e a Poe Middle School.[6] Con 11 mudouse a San Diego, residindo no bloque 5900 de Castleton Drive, acudiu ó Hale Junior High School.[7] Durante o seu primeiro ano na James Madison High School trasladouse coa súa familia a Virxinia e Hamill estudou no Annandale High School.[8] Decontado seu pai foi destinado ó Xapón, Hamill incorporouse ó Nile C. Kinnick High School e formou parte do club dramático, graduouse en 1969.[Cómpre referencia] Posteriormente matriculouse en Los Angeles City College especializándose en drama.[8]

Nos inicios da súa carreira como actor Hamill participou na soap-opera General Hospital, tendo un papel recorrente;[9] na comedia The Texas Wheelers tivo un papel protagonista.[2] Interpretou no episodio piloto de Eight Is Enough (1977) a David, o fillo máis vello, non obstante foi Grant Goodeve quen interpretou o papel na serie.[10] Tamén apareceu como artista invitado en The Bill Cosby Show,[2] The Partridge Family,[Cómpre referencia] Room 222 e One Day at a Time.[1] Participou en diversos telefilmes como The City (1977),[1] e Sarah T. - Portrait of a Teenage Alcoholic (1975).[1] Como actor de voz Hamill interpretou o personaxe de Corey Anders na serie de debuxos animados Jeannie (1973) de Hanna-Barbera e o personaxe de Sean na película Wizards (1977) do director Ralph Bakshi.[2]

Robert Englund, amigo de Hamill, estaba facendo unha audición para un papel en Apocalypse Now cando pasou polo corredor onde se facían as audicións para A guerra das galaxias de George Lucas. Tras permanecer un anaco observando as audicións decatouse de que Hamill sería perfecto para o papel de Luke Skywalker,[2] suxeriulle a Hamill que se presentara ás audicións e Hamill conseguiu o papel.[11]

A guerra das galaxias estreouse en maio de 1977 e tivo un enorme e inesperado éxito que causou repercusión na industria cinematográfica. Hamill tamén apareceu en Star Wars Holiday Special en 1978[12] e protagonizou as secuelas de A guerra das galaxias O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983). Mark Hamill sufriu un grave accidente automobilístico no período comprendido entre as dúas primeira películas, fracturando o nariz e o pómulo esquerdo.[2] Difundironse rumores falsos de que necesitaba cirurxía plástica no rostro.[13] Tralo accidente Hamill foi candidato, xunto a Harrison Ford, ó Premio Saturn ó mellor actor outorgado pola Academy of Science Fiction, Fantasy and Horror Films.

Mantivo unha relación coa súa compañeira de elenco en General Hospital Anne Wyndham.[8][14][15] Casou con Marilou York, unha hixienista dental, o 17 de decembro de 1978 nunha cerimonia civil.[16] Froito desta unión Mark e Marilou teñen tres fillos; Nathan, Griffin e Chelsea Elizabeth.[17]

Tralo éxito de A guerra das galaxias, Hamill decatouse de que o público o identificaba moito con Luke Skywalker, convertérase nun ídolo adolescente.[18] Participou tamén noutras películas como Corvette Summer (1978) e en The Big Red One (1980), filme baseado na segunda guerra mundial.[9] Fixo unha aparición especial en The Muppet Show como el mesmo e como Luke Skywalker que xunto a C-3PO e R2-D2 andaban na procura de Chewbacca.[19] Outras aparicións en películas inclúen The Night the Lights Went Out in Georgia (1981)[20] e Britannia Hospital (1982).[21]

Mark Hamill repetiu o papel de Luke Skywalker nas dramatizacións de radio de A guerra das galaxias (1981) e O imperio contraataca (1983). Para o drama radiofónico O Retorno do Jedi (1996) o papel interpretouno outro actor.

Actuou en Broadway onde protagonizou The Elephant Man en 1979,[22] Amadeus en 1983,[23] Harrigan 'N Hart en 1985, pola que foi nomeado para o Drama Desk Award,[24] Room Service en 1986[25] e The Nerd en 1987-88.[26] Cando Amadeus foi adaptada ó cine en 1984 presentouse as audicións para interpretar a Mozart pero Tom Hulce obtivo o papel.[2][9][27] Fixo algunhas aparicións en televisión como nun episodio de Amazing Stories en 1986 e en The New Alfred Hitchcock Presents en 1987.

Regresou ó cine tras seis anos coa película de ciencia ficción Slipstream (1989).[28] Continuou protagonizando algunhas películas durante a década de 1990 como o suspense Midnight Ride (1990),[29][30] The Guyver (1991),[31] a nova versión de Village of the Damned (1995),[32] e na película de acción sueca Hamilton (1998).[33] Hamill participou na película Jay and Silent Bob Strike Back (2001) como o supervilán Cocknocker, nun papel onde se parodia a si mesmo.[34]

Hamill deulle voz ó Joker na serie Batman: The Animated Series que comezou a emitirse en 1992[9] e continuou interpretando o personaxe en moitas series derivadas, videoxogos e películas, recibiu o eloxio da crítica pola súa actuación e partir de entón tivo a oportunidade de interpretar como actor de voz outros superviláns noutras series de debuxos animados.[35] Interpretou tamén o Hobgoblin na serie de animación Spider-Man que comezou a emitirse en 1994 e outros papeis en series de superheroes da Marvel como Gargoyle en The Incredible Hulk (1996), Maximus en Fantastic Four (1994), posteriormente a Klaw en The Avengers: Earth's Mightiest Heroes (2010), varios personaxes en Ultimate Spider-Man (2012). Hamill deulle voz a Solomon Grundy e Trickster nas series do universo animado de DC Justice League (2001-2004) e Justice League Unlimited (2007-2010), o gángster asasino Tony Zucco en The Batman e Specter nun episodio de Batman: The Brave and the Bold (2008-2011). Interpretou moitos outros personaxes noutras series de animación.[Cómpre referencia]

Aparece como actor invitado en dous episodios da serie de televisión The Flash en 1990 como Trickster,[2] apareceu noutras series de televisión durante este período como en MADtv,[Cómpre referencia] en Saturday Night Live,[36] 3rd Rock from the Sun en 1997,[37] Just Shoot Me! en 1998[38] e en dous episodios de seaQuest DSV en 1995 como Tobias LeConte,[18] tamén apareceu no episodio "Mind over Matter" da serie de televisión The Outer Limits en 1995.

Hamill escribiu xunto con Eric Johnson The Black Pearl (1995), ilustrada por H. M. Baker, unha miniserie de cómics publicada por Dark Horse Comics.[39] Escribiu unha introdución para Trade Paperback Batman: Riddler Two-Face onde se reeditan varias historias de Two-Face e Riddler relacionadas con Batman Forever. Tamén fixo varias historias para The Simpsons comics incluíndo "Catastrophe in Substitute Springfields!", que parodia Crisis on Infinite Earths de DC e fai tamén referencia a outros cómics clásicos.[40]

Interpretou o protagonista da serie de videoxogos de Wing Commander, o coronel Christopher Blair, en Wing Commander III: Heart of the Tiger (1994), Wing Commander IV: The Price of Freedom (1996) e Wing Commander: Prophecy (1997).[41] Apareceu en Squadron 42, a campaña para un só xogador do universo de videoxogos de Star Citizen, como Steve "Old Man" Colton. Interpretou máis personaxes para outros moitos videoxogos.[42][43]

En 2003 Hamill interpretou a Michael Minetti na obra de teatro Six Dance Lessons in Six Weeks.[44][45] Dirixiu e protagonizou Comic Book: The Movie (2004) distribuída directamente en DVD.[46] En 2011 apareceu na serie de televisión Chuck facendo de vilán,[47] en Criminal Minds facendo de asasino en serie no 2013[48] e en The Neighbors como artista invitado, interpretando o comandante Bill, no ano 2013.

Protagonizou a película húngara Thelomeris (2011), onde foi asesor creativo.[49] O ano seguinte Hamill protagonizou outras dúas películas, o filme de terror Airborne (2012) e a pequena película independente Sushi Girl (2012).[50] Interpretou a James Arnold en Kingsman: The Secret Service (2014), volveu a interpretar a Trickster na serie The Flash da canle de televisión The CW en tres episodios no ano 2014[51] e participou tamén no filme independente Con Man (2018).[52]

Regresou ó universo de A guerra das galaxias en 2014 cando lle deu voz ó Sith Lord Darth Bane no episodio final da serie animada The Clone Wars;[9] foi nomeado para o premio Daytime Emmy polo seu desempeño. Coa adquisición de Lucasfilm por The Walt Disney Company, Disney anunciou que habería novas películas de Star Wars, comezando por Star Wars Episode VII: The Force Awakens (2015)[53] e logo con Star Wars: The Last Jedi (2017),[54] o que significou o regreso de Luke Skywalker ás pantallas de cine.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filmografía parcial de Mark Hamill
Ano Película Personaxe
1977 A guerra das galaxias Luke Skywalker
1977 Wizards Sean
1978 Corvette Summer Kenneth W. Dantley Jr.
1979 Sam Fuller and the Big Red One El mesmo
1980 O imperio contraataca Luke Skywalker
1980 The Big Red One Soldado Griff
1981 The Night the Lights Went Out in George Conrad
1982 Britannia Hospital Red
1983 O retorno do Jedi Luke Skywalker
1984 Kaze no Tani no Naushika Governante de Pejite
1986 Tenkū no Shiro Rapyuta Muska
1989 Slipstream Will Tasker
1989 Fall of the Eagles Peter Froehlich
1989 The Little Mermaid
1990 Midnight Ride Justin Mckay
1991 The Guyver Max Reed
1991 Black Magic Woman Brad Travis
1992 Sleepwalkers Tenente Jennings
1993 Time Runner Michael Raynor
1993 Batman: A máscara do Fantasma O Joker (Voz)
1994 Silk Degrees Johnson
1994 The Raffle Bernard Wallace
1995 Village of the Damned Reverendo George
1997 Laserhawk Bob Sheridan
1997 Quan s'esgoti el temps Bill Thermot
1997 The Batman Superman Movie: World's Finest O Joker (Voz)
1998 Hamilton Mike Hawkins
1998 Watchers Reborn Murphy
1998 Scooby-Doo on Zombie Island Snakebite Scruggs
1998 The Simpsons Ell Mateix (Voz)
1999 Gen¹³ Threshold (Voz)
1999 Wing Commander Merlin
1999 Walking Across Egypt Lamar N. Benfield
2000 Sinbad: Beyond the Veil of Mists Capitán da garda
2000 Scooby-Doo and the Alien Invaders Steve
2000 Joseph: King of Dreams Judah
2000 Batman Beyond: Return of the Joker O Joker (Voz)
2001 Thank You, Good Night Karl
2001 Jay and Silent Bob Strike Back Cocknocker
2001 Día da Terra Dr. Bob (Voz)
2002 Balto II: Wolf Quest Niju (Voz)
2003 Aero-Troopers: The Nemeclous Crusade vell Joshua (Voz)
2003 Reeseville Zeek Oakman
2004 Comic Book: The Movie Donald Swan
2005 Repetition Ell mateix
2005 Thru the Moebius Strip Simon Weir (Voz)
2006 Look, Up in the Sky: The Amazing Story of Superman El mesmo
2006 Ultimate Avengers 2 Dr. Oiler (Voz)
2006 Tom and Jerry: Shiver Me Whisker The Skull (Voz)
2006 Choose Your Own Adventure: The Abominable Snowman Jamling (Voz)
2006 Robotech: The Shadow Chronicles Comandante Darryl Taylor (Voz)
2007 Battle for Terra Elder Orin
2007 Futurama: Bender's Big Score Chanukah Zombie (Voz)
2009 Afro Samurai: Resurrection Bin
2014 Kingsman: The Secret Service Profesor James Arnold
2015 Regular Show: The Movie Skips
2015 Star Wars Episode VII: The Force Awakens Luke Skywalker
2016 Batman: The Killing Joke O Joker (Voz)
2017 Star Wars: Episode VIII Luke Skywalker

Televisión

[editar | editar a fonte]
Anos Serie Personaxe
1990 - 1991 The Flash James Jesse/The Trickster
1992 - 1995 Batman: The Animated Series O Joker
1995 - 1999 Mina and the Count The Count (Voz)
1994 - 1998 Spider-Man Hobgoblin
2001 - 2004 Justice League Unlimited Joker, Solomon Grundy, The Trickster (Voces)
2006 - present Metalocalypse Senador Stampingston, Jean-Pierre, Mr. Selatcia (Voces)
2006 - 2008 Avatar: The Last Airbender Fire Lord Ozai (Voz)
2010 - present Regular Show Skips (Voz)
2008 - 2014 Star Wars: The Clone Wars Darth Bane (Voz)
2013 Criminal Minds Replicator
2015 The Flash James Jesse / The Trickster
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mark Hamill Biography (1951–)". Filmreference.com. Consultado o 14-01-2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Collin, Robbie (06-12-2015). "Mark Hamill: a force to be reckoned with". The Daily Telegraph. Consultado o 14-01-2019. 
  3. "Just The Best: Sienn's Mark Hamill Page: Interviews 1990". Stars.handshake.de. 01-05-1997. Consultado o 14-01-2019. 
  4. "Pedigree of Hamill's paternal family". rootsweb.com. 07-02-2011. Consultado o 14-01-2019. 
  5. Hiatt, Brian (18-12-2015). "Skywalker Speaks: Mark Hamill on Returning to 'Star Wars'". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 15-06-2018. Consultado o 14-01-2019. 
  6. "Poe Middle School". Fairfax County Public Schools. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2016. Consultado o 14-01-2019. 
  7. Baker, Debbi. "San Diego street to be named after former resident, 'Star Wars' legend Mark Hamill". San Diego Union-Tribune. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Lague, Louise (31-08-1981). "Mark Hamill Strikes Back". People. Arquivado dende o orixinal o 20-05-2016. Consultado o 14-01-2019. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Manger, Warren (08-12-2015). "Mark Hamill: Can you imagine the mob of fans outside my house if I had turned down new Star Wars film?". Daily Mirror. Consultado o 14-01-2019. ...e un papel recorrente no drama General Hospital. 
  10. Snauffer, Douglas (23-07-2008). McFarland, ed. The Show Must Go On: How the Deaths of Lead Actors Have Affected Television... pp. 110–111. 
  11. "Robert Englund exclusive interview part one – Star Wars, Willie and V, a role in new V and listening to Monty Python with Mark Hamill". scyfilove.com. 27-11-2009. Arquivado dende o orixinal o 17-08-2013. Consultado o 14-01-2019. 
  12. Conterio, Martyn (01-12-2015). "May the farce be with you: the Star Wars Holiday Special they want us to forget". The Guardian. Consultado o 14-01-2019. 
  13. "Ask Aspel". YouTube. 20-05-1980. Consultado o 14-01-2019. 
  14. VKanty, Edward (12-12-2016). "'Star Wars' Lead Mark Hamill Says He Was Too 'Self-Involved' To Catch Carrie Fisher, Harrison Ford Affair". Inquisitr. Consultado o 14-01-2019. 
  15. Blake, Sarah (11-11-2017). "'I never expected to be remembered for anything'". The Daily Telegraph. 
  16. "Hamill weds hygienist". The Spokesman-Review. 21-12-1978. p. 3. 
  17. "Biography". markhamill.com. Consultado o 14-01-2019. 
  18. 18,0 18,1 Chilton, Martin (04-05-2011). "Ewoks, sex dolls and comedy: what happened to the Star Wars cast". The Daily Telegraph. Consultado o 14-01-2019. 
  19. "Star Wars: The Muppet Connection". StarWars.com. 28-03-2014. Consultado o 14-01-2019. 
  20. Peppiatt, Francesca (2004). Country Music's Most Wanted: The Top 10 Book of Cheatin' Hearts, Honky-Tonk... Potomac Books. p. 209. 
  21. "Britannia Hospital (1982)". BFI Screenonline. Consultado o 14-01-2019. 
  22. Green, Jesse (07-12-2014). "Theater Review: The Elephant Man". Vulture. Consultado o 14-01-2019. 
  23. Gooch, Curt (16-12-2015). "A lost Mark Hamill "Night Flight" interview from 1986 awakens a nearly 30-year-old "Star Wars" rumor". Night Flight. Arquivado dende o orixinal o 15-01-2019. Consultado o 14-01-2019. 
  24. Hischak, Thomas S. (2008). The Oxford Companion to the American Musical: Theatre, Film and Television. Oxford University Press. p. 326. 
  25. "Mark Hamill muses on new "Star Wars": "Go Retro"". CBS News. 20-02-2013. Consultado o 14-01-2019. 
  26. Rich, Frank (23-03-1987). "Theater: Robert Joy in The Nerd". The New York Times. Consultado o 14-01-2019. 
  27. Mullikin, Mara (01-11-2015). "He Almost Played a DC Villain? This and 6 Other Entertaining Facts About Tim Curry". Moviepilot. Arquivado dende o orixinal o 10-10-2017. Consultado o 14-01-2019. 
  28. Barsanti, Chris (22-09-2014). The Sci-Fi Movie Guide: The Universe of Film from Alien to Zardoz. Visible Ink Press. p. 332. 
  29. Martin, Mick; Porter, Marsha (2003). DVD and Video Guide 2004. Ballantine Books. ISBN 978-0-345-44994-8. 
  30. James M. Craddock; Thomson Gale (Firm) (2006). Video Source Book: Video program listings J-T. Thompson Gale. p. 1866. ISBN 978-0-7876-8978-0. 
  31. Fischer, Dennis (2011). Science Fiction Film Directors, 1895–1998. McFarland. p. 662. Consultado o 14-01-2019. 
  32. Smith, Michelle (30-10-2015). "20 Year Later and 'Village of the Damned' Still Features the Creepiest Children to Date". Movie Pilot. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2017. Consultado o 14-01-2019. 
  33. "HAMILTON (1998)". BFI. Arquivado dende o orixinal o 30-01-2016. Consultado o 14-01-2019. 
  34. "Star Wars archive: Mark Hamill – reader questions, Feature". Empire. 11-12-2015. Consultado o 14-01-2019. 
  35. "The Joker: Mark Hamill". YouTube. Consultado o 14-01-2019. 
  36. Parker, Ryan (19-04-2018). "'Star Wars': That Time Mark Hamill Was Sold on 'SNL'". The Hollywood Reporter. Consultado o 14-01-2019. 
  37. "3rd Rock from the Sun Season 2, Episode 23 Fifteen Minutes of Dick". TV Guide. Consultado o 14-01-2019. 
  38. "Just Shoot Me". markhamill.com. Consultado o 14-01-2019. 
  39. Kubin, Jacquie (abril de 1997). "An Interview With Mark Hamill". Animation World Magazine. Consultado o 14-01-2019. 
  40. Tate, Ray. "Bart Simpson's Treehouse of Horror #7". Comics Bulletin. Arquivado dende o orixinal o 15-01-2019. Consultado o 14-01-2019. 
  41. Wolf, Mark J. P. (2008). The Video Game Explosion: A History from PONG to Playstation and Beyond. ABC-CLIO. p. 132. Consultado o 14-01-2019. 
  42. "Cast. Squadron 42". Consultado o 14-01-2019. 
  43. "Star Citizen game hits $100m funding milestone". BBC News. 15-12-2015. Consultado o 14-01-2019. 
  44. Jones, Kenneth (27-06-2003). "Rue McClanahan Bows Out of Bway's Six Dance Lessons; Hamill Ready to Dance". Playbill. Consultado o 14-01-2019. 
  45. Gans, Andrew (21-11-2003). "Six Dance Lessons in Six Weeks to Close Nov. 23". Playbill. Consultado o 19-01-2019. 
  46. Misiroglu, Gina (2012). The Superhero Book. Visible Ink Press. p. 79. Consultado o 14-01-2019. 
  47. Hibberd, James (23-07-2011). "Mark Hamill to guest star as 'Chuck' villain". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 29-09-2015. Consultado o 09-02-2021. 
  48. "Criminal Minds Exclusive: Star Wars' Mark Hamill to Guest-Star in Season Finale". TV Guide. 10-04-2013. Consultado o 14-01-2019. 
  49. "Thelomeris Trailer: Mark Hamill’s Hungarian Steampunk Sci-Fi". Wired. 22-08-2011. Consultado o 14-01-2019. 
  50. Heritage, Stuart (22-06-2011). "Will Airborne help Mark Hamill's film career get off the ground again?". The Guardian. Consultado o 14-01-2019. 
  51. Zyber, Josh. "'The Flash' 2.09 Recap: "Time for a Real War on Christmans"". highdefdigest.com. Consultado o 14-01-2019. 
  52. "Con Man". IMDb. Consultado o 14-01-2019. 
  53. "Star Wars' Mark Hamill tipped by J.J. Abrams to get Oscar for The Last Jedi". The Daily Telegraph. 01-03-2017. Consultado o 14-01-2019. 
  54. Hooton, Christopher (23-01-2017). "Star Wars 8 gets official title: The Last Jedi". The Independent. Consultado o 14-01-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]