Maracanazo
Aparencia
Coñécese como Maracanazo á vitoria da selección de fútbol de Uruguai sobre a do Brasil no encontro decisivo do mundial de 1950 onde se xogaban o título. Brasil xogaba na casa, no estadio de Maracanã, e tan só precisaba do empate para alzarse co seu primeiro título mundial.
Tan seguros estaban da súa vitoria que os brasileiros practicamente comezaron a celebralo antes de xogarse o encontro. O Uruguai gañou por 2-1 e fíxose co título. No Brasil esta derrota foi unha traxedia nacional, chegando a suicidarse algunha xente por mor deste resultado.