Marcial Ginzo Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1884 Ourense, España |
Morte | 22 de outubro de 1974 (89 anos) Ourense, España |
Alcalde de Ourense | |
1930 – 1930 ← Jesús Soria – Francisco Villanueva Lombardero → | |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Alcalde de Ourense | |
1926 – 1929 ← Matías Bobillo Bobillo – Jesús Soria → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, político |
Marcial Ginzo Soto, nado en Ourense en 1885 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1974, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1915.[1] Foi director de El Radical (1910-1913) e colaborou en Ecos de Orense. Despois pasou a ser redactor de La Región, do que chegou a ser director (1915-1926). Foi presidente do Círculo Tradicionalista de Ourense en 1917 e 1918.[2] Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1926-1929) e en 1927 foi elixido representante dos concellos de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva. Volveu exercer como alcalde nun breve período en 1930. Nese momento fundou o periódico Galicia, cunha orientación calvosotelista.
Predecesor: Matías Bobillo Bobillo |
Alcalde de Ourense 1926 - 1929 |
Sucesor: Jesús Soria González |
Predecesor: Jesús Soria González |
Alcalde de Ourense 1930 |
Sucesor: Francisco Villanueva Lombardero |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ribadavia con Aurora Cendón Rey en 1916.[3]