Marcel Gotlib
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marcel Gotlieb 14 de xullo de 1934 XIV Distrito de París (Francia) |
Morte | 4 de decembro de 2016 (82 anos) Le Vésinet (Francia) |
Lugar de sepultura | Le Vésinet |
Outros nomes | Gotlib |
Educación | École Duperré (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Caricatura e banda deseñada |
Ocupación | artista de banda deseñada, caricaturista, guionista, debuxante |
Período de actividade | 1962 - 2016 |
Empregador | Pif gadget (pt) Fluide Glacial (en) L'Écho des savanes (pt) Rock & Folk (en) |
Compañeiro profesional | René Goscinny |
Familia | |
Fillos | Ariane Gotlieb |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih |
Marcel Gotlib, ou simplemente Gotlib, seudónimo do historietista francés Marcel Gotlieb, nado en París en 1934.
Gotlib é fillo de emigrantes xudeus húngaros. Pasou parte da súa infancia nun orfanato e comezou a debuxar na adolescencia. Estudou debuxo publicitario na escola de Artes e Oficios da capital francesa, e en 1959 publicou os seus primeiros traballos como ilustrador. Traballou nas revistas Record e Pilote, e foi cofundador de L'Écho des Savanes (con Nikita Mandryka e Claire Bretécher) e da importante Fluide Glacial. En 1991 recibiu o gran premio do Festival de Banda Deseñada de Angoulême. É un dos historietistas europeos de maior renome. O seu personaxe máis coñecido é Gai-Luron, e tamén son célebres as súas historietas curtas, agrupadas na serie Rubrique-à-Brac.
Gotlib fai un cómic provocador, de carácter humorístico, cun debuxo detallista que descompón e amplifica os movementos dos protagonistas (o que deu en chamarse "debuxo excesivo").
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Marcel Gotlib (en francés)