María Sefidari
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Sefidari Huici 1982 (41/42 anos) Madrid (España) |
Chair of the Wikimedia Foundation Board of Trustees (en) | |
19 de xullo de 2018 – 3 de xuño de 2021 ← Christophe Henner – Natalia Tymkiv → | |
Tesoureira (pt) Affiliations Committee (en) | |
2012 – 2013 | |
Vice-presidente (pt) Wikimedia España | |
2010 – 2012 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - psicoloxía |
Actividade | |
Ocupación | activista LGBT, wikimedista |
Empregador | Universidade Rei Xoán Carlos |
Membro de | Conselho Diretivo da Fundação Wikimedia (pt) (2016–2020) Conselho Diretivo da Fundação Wikimedia (pt) (2013–2015) Wikimulleres |
Familia | |
Cónxuxe | Laura Hale |
María Sefidari Huici, nada en Madrid en 1982, é unha psicóloga, profesora e especialista en comunicación e cultura dixital española. Experta en xestión cooperativa e produción cultural en Internet e activista en coñecemento e cultura libre. Desde xullo de 2018 é presidenta da Fundación Wikimedia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid, na que tamén estudou un mestrado en Comercio e Turismo. En 2014 foi bolseira do programa Techweek Women’s Leadership Fellows dedicado ao apoio do liderado de mulleres líderes emerxentes en negocios e tecnoloxía.[1] Desde 2015 é profesora do programa de Mestría en Comunicación Dixital, Cultura e Cidadanía da Universidade Rei Xoán Carlos.
Sefidari, coñecida en Wikipedia como Raystorm[2] empezou a contribuír nos proxectos Wikimedia sobre coñecemento e cultura libre en 2006.[3] Pouco despois lanzou o Wikiproxecto LGBT para dar visibilidade a estes colectivos e mellorar e organizar os contidos relacionados co tema, inspirándose nun proxecto similar na Wikipedia en lingua inglesa.[4]
En 2011 foi membro fundadora de Wikimedia España e primeira vicepresidenta da asociación,[5][6] e en 2015 de Wikimujeres, un grupo de usuarias de Wikimedia centrado na visibilización das mulleres e a eliminación do nesgo de xénero na Wikipedia.[7][8] No movemento Wikimedia formou parte de varios comités de goberno, entre eles o Comité de Afiliacións e o Comité de Gobernanza do Consello, onde exerceu como presidenta. Entre 2013 e 2015 foi membro da Xunta da Fundación Wikimedia. En 2016 reincorporouse á Fundación Wikimedia para cubrir unha vacante, e asumiu a vicepresidencia da organización. Foi confirmada como vicepresidenta para un segundo mandato en 2017.[8] Nestes anos participou en numerosos cursos de formación e eventos sobre coñecemento aberto e libre[9] e sobre a incorporación da diversidade e a igualdade de xénero nos contidos de Wikipedia.[10][11] En xullo de 2018 foi elixida presidenta da Fundación Wikimedia no 14º encontro anual de Wikimania.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chicago Womens leadership program | Techweek". Techweek (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Publicaron los resultados de las elecciones de la Fundación Wikimedia". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ "La Wikipedia al descubierto". The Objective | Periódico digital para la generación Z (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "La española que ha llegado a vicepresidir Wikimedia defendiendo al colectivo LGBT". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Wikipedia: 10 años y 278 ediciones". El País (en castelán). 11 de xaneiro de 2011. ISSN 1134-6582. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Wikipedia como Herramienta de Aprendizaje basada en Nuevas Tecnologías". eventum.usal.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Wikipedia se llena de nombres de mujer". El Comercio (en castelán). 18 de outubro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 "Board of Trustees - Wikimedia Foundation". foundation.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Iniciativa Open Data reivindica el papel y la importancia de los datos abiertos en la sociedad actual". Mis datos, tus datos, (en castelán). 20 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ Sara Calvo. "Nosotras creamos, nosotras editamos". Público (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2022. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Mapping the feminist internet: the Whose Knowledge? campaign at the AWID Forum | GenderIT.org". www.genderit.org (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Wikimedia Foundation announces Tanya Capuano as new Trustee, alongside leadership appointments at 14th annual Wikimania – Wikimedia Blog". blog.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Sefidari |