[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuel Bermúdez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Bermúdez Arias
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1966 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1954–1959   Deportivo da Coruña 106(20)
1959–1966   Atlético de Madrid 41(10)

Manuel Bermúdez Arias, coñecido como Polo, nado en Ferrol o 24 de agosto de 1936 e finado na Coruña o 11 de decembro de 2016, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1954–55 fichou polo Deportivo da Coruña, sen chegar a xogar ningún partido no cadro adestrado polo muxián Eduardo Toba esa campaña.

Na xornada 4 da tempada 1955–56 produciuse o seu debut en Primeira División, da man do adestrador coruñés Rodrigo García Vizoso, nunha derrota a domicilio fronte o FC Barcelona (4–1). No encontro seguinte anotou o seu primeiro gol coma branquiazul e tamén na máxima categoría, nunha vitoria en Riazor fronte o Deportivo Alavés (5–3). Ese ano xogou 22 partidos e anotou 4 goles.

Na tempada 1956–57 participou en 26 encontros e marcou 6 goles, pero descendendo a Segunda División ao final da campaña.

Na tempada 1957–58 foi un dos indiscutibles do ataque deportivista, xunto co berciano Emilio Mourelo. Na súa estrea en Segunda División, participou en 33 partidos e anotou 5 goles, mais o equipo tivo que xogar a promoción de permanencia contra o CD Ourense logo de conseguir o 13.º posto da clasificación. Os coruñeses lograron a permanencia logo dun 4–1 no global (0–2 na ida; 2–1 na volta).

Na tempada 1958–59 participou en 22 partidos e anotou 5 goles, compartindo dianteira con José Vigo, Veloso, Eduardo Manchón e Rafael Souto. Ese ano o club coruñés logrou o 7.º posto da clasificación, estando adestrado inicialmente por Eduardo Toba, logo Ernesto Pons e finalmente Hilario Marrero.

Na tempada 1959–60 fichou polo Atlético de Madrid, en Primeira División, co que participou en 12 partidos e logrou 6 goles. Ese mesmo ano o club madrileño venceu a Copa do Xeneralísimo, participando Polo en todas as eliminatorias agás na final.

Faleceu o 11 de decembro de 2016.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Atlético de Madrid
  1. "Falece Polo, extremo dereito do Dépor entre 1955 e 1959". Deportivo da Coruña. 12 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]