[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuel Misa Bertemati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Misa Bertemati
Biografía
Nacemento(es) Manuel Misa y Bertemati Editar o valor en Wikidata
15 de maio de 1815
Baiona
Morte9 de xaneiro de 1904 (88 anos)
Londres
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónAdegueiro
Outro
TítuloMarquesado de Misa (1889–)
Conde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHelen Busheroy y Blake (†1916) Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisca
Buenaventura Pablo (1868-1944) Editar o valor en Wikidata
IrmánsVentura Misa Bertemati Editar o valor en Wikidata
Premios

Manuel María Misa y Bertemati, nado en Baiona o 15 de maio de 1815 e finado en Londres o 9 de xaneiro de 1904, foi un empresario adegueiro e filántropo galego,[1] primeiro conde de Baiona[2] e primeiro marqués de Misa.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia era de fortuna modesta mais non pobre, o que lles permitía vivir con comodidade. Manuel, o irmán máis vello, fixo estudos de Mariña en Tui e Filosofía e Leis na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1840 e exercendo de avogado en Baiona ata 1844.

Entre 1844 e 1846, Manuel foi chamado polo seu irmán Ventura para que fose a Xerez da Fronteira. De Xerez enviárono a Inglaterra para estudar a posibilidade de exportar alí os viños da adega de Ventura. En 1844 fundou unha compañía propia, na que se integrou o seu irmán e en 1846 xa tiña residencia definitiva en Londres, casando en 1867. Os irmáns Misa chegaron a acadar o segundo posto entre todos os exportadores de viño de Xerez, unicamente superados por González Byass.

Beneficencia

[editar | editar a fonte]
Escola doada por Manuel Misa.

Entre outras actividades benéficas, Manuel Misa doou á Baiona unha casa escola, inaugurada en 1886, onde hoxe está a Casa do Mar. Financiou a restauración da Ex-Colexiata de Santa María de Baiona en 1888. Construíu a traída da auga. Costeou durante un ano, xunto co seu irmán Ventura, o alumeado público. Doou cartos para as persoas necesitadas. Xirou 3.000 reais para as viúvas e orfos de vinte e oito mariñeiros naufragados en Porto do Son. Puxo os cartos para un premio musical celebrado en Vigo. En Xerez contribuíu á construción de escolas e o cuartel de infantaría. Puxo cartos para os feridos da guerra de Cuba e as inundacións en Murcia e Consuegra e para paliar a traxedia do vapor Cabo Machichaco. Sufragou a creación da Cámara de Comercio de España en Londres, da que foi presidente e presidente de honra. Costeou as vidreiras da Catedral de Westminster e doou a España un edificio para uso como embaixada.

Necrolóxica.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1875 a coroa outorgoulle o título de Conde de Baiona e en 1889 o de Marqués de Misa, con Grandeza de España de primeira clase. Foi condecorado coa Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz de Isabel a Católica.

O concello de Xerez púxolle o seu nome a unha rúa e nomeouno fillo adoptivo. O concello de Baiona tamén bautizou na súa honra a rúa do Conde, na zona histórica da vila.[3]

  1. Fernández de la Cigoña, Salvador: "El prócer Manuel Misa, benefactor de Baiona"[1] en Faro de Vigo, "El Sábado", p. 2, 9/5/2015.
  2. Fernández-Mota de Cifuentes, María Teresa (1984). Relacíon de títulos nobiliarios vacantes, y principales documentos que contiene cada expediente... (en castelán). Hidalguia, Instituto Salazar y Castro (CSIC). ISBN 84-00-05780-5. 
  3. 3,0 3,1 Pillado, Neli: "Baiona brinda por don Manuel Misa" Faro de Vigo, 18/5/2015 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]