[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mac Pro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mac Pro
Deseño de 2023.
Información xeral
FabricanteApple Inc.
FamiliaMacs
TipoSubfamilia de Macs de alto rendemento
Información comercial
Data de lanzamento7 de agosto de 2006
Información técnica
Sistema operativomacOS
https://www.apple.com/mac-pro/

O Mac Pro é unha Estación de Traballo lanzada por Apple, baseada en procesadores Intel Xeon. Apple introduciu o Mac Pro o 7 de agosto do 2006 na WWDC co fin de substituír o Power Mac G5, e en conxunto co novo Xserve completar a transición a Intel. O Mac Pro, comparado con outras máquinas da época, é de rendemento Alto-Medio. Posúe 2 tabletas de 2 Núcleos de CPU cada unha, 4 compartimentos para disco duro, 2 Unidades de Disco óptico e 8 baías para memoria RAM (soportando un máximo de 32 GB). Existen PC HE(HIGH-END) con placas madre asus (amd2+) que soportan 4 procesadores amd phenom x4 de 4 Núcleos reais, con tecnoloxía de 64 bits e que soportan ata 64gb de memoria ram (DDR3) e un HT (Hyper transport) de máis de 5200MT/s.

Mac Pro de 2013. Cun deseño renovado.

O chip de Intel trouxo leves pero notorias melloras a nivel de velocidade. A memoria do sistema es FB-DIMM con dous buses independentes a 800 MHz, 4 baías de PCI express (PCIe), e con 4 portos de SATA para Disco duro a 300 MB/s (comparados cos 3.2gb/s dos SATA II dos PC. O modelo anterior usaba memoria DDR2 a 600 MHz e discos SATA a 150MB/s.

A carcasa do Mac Pro é de aluminio, e é case idéntica á do seu antecesor. As diferenzas radican na nova unidade para CD e a forma de como están organizados os portos I/O, tanto na parte dianteira como na traseira.

O novos Xeon xeran moito menos calor que os G5 que se utilizaban anteriormente, polo cal o tamaño dos ventiladores baixou considerablemente. Isto permitiu deixar máis espazo no gabinete, duplicando o número de unidades de disco duro. A diferenza dos outros modelos de Mac actuais, o Mac Pro non inclúe o receptor de infrarvermellos que teñen os outros modelos, por isto o software como Front Row non pode ser empregado aquí.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]