Maurice Filion
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1932 Montreal, Canadá |
Morte | 28 de xullo de 2017 (85 anos) Quebec, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de hóckey sobre xeo |
Deporte | hóckey sobre xeo |
Maurice Filion, nado en Montreal (Quebec, Canadá) o 12 de febreiro de 1932 e finado en Quebec (Canadá) 28 de xullo de 2017, foi un adestrador canadense de hóckey sobre xeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filion non logrou facer carreira como xogador, converténdose en adestrador en 1969. Pasou tres exitosas tempadas á cabeza dos Quebec Remparts da QMJHL. Na súa segunda tempada gañou a Memorial Cup cun equipo formado por numerosas estrelas futuras da National Hockey League (NHL), entre os que destacaba Guy LaFleur. O seu equipo clasificouse de novo para disputar a Memorial Cup ao ano seguinte, mais perdeu nas semifinais.[1] Persoalmente foi nomeado adestrador do primeiro equipo das estrelas na tempada 1969-70, e no segundo equipo na tempada seguinte.[2]
En 1972, deixou os Remparts para unirse á nova franquía profesional da cidade nunha liga maior: os Quebec Nordiques da World Hockey Association.[3] Filion asinou cos Quebec Nordiques durante a súa primeira tempada na (WHA) en 1972-73. Inicialmente estaba previsto que exercera como director de scouting mais, despois de que a antiga estrela da NHL e adestrador inicial do Quebec, Maurice Richard, renunciase por motivos de saúde, asumindo nese momento o seu posto Filion. O carácter interino de Filion foi retirado despois do seu exitoso comezo con 5 vitorias e 2 derrotas na súa carreira na WHA. Despois da tempada, Fillion asumiu o papel de director xeral do equipo.[4]
Filion exerceu como director xeral do equipo ata 1988, cando foi substituído por Martin Madden; entón Filion moveuse ao posto de vicepresidente de operacións de hóckey, mais regresou ao papel de director xeral interino en 1990. Tamén exerceu como adestrador durante parte da tempada 1977-78 da WHA, e da tempada 1980-81 da NHL, cando se fíxo cargo do banco do equipo logo da marcha de Jacques Demers, mais non permaneceu moito tempo no cargo, xa que Michel Bergeron ocupou o seu posto despois de tan só seis partidos.[5] Nestas dúas tempadas tomou o relevo de adestradores despedidos.[6][7]
Dende que deixou o seu posto nos Nordiques exerceu de vicepresidente do equipo de fútbol da Universidade de Laval e logo como prefecto de disciplina da LHJMQ.[5]
Dende a tempada 2005-06, o Trophée Maurice Filion premia ao mellor director xeral da LHJMQ.[8]
Estatísticas como adestrador
[editar | editar a fonte]Equipo | Tempada | Liga regular | Play-offs | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P | V | D | E | OTL | Pts | Clasificación | Resultado | ||
QUE | 1972–73 | 77 | 33 | 39 | 5 | - | 71 | 5º na East Division da WHA | Non se clasificou para os play-offs |
QUE | 1977-78 | 21 | 13 | 7 | 1 | - | (83) | 4º na WHA | Perdeu en semifinais |
QUE | 1980–81 | 6 | 1 | 3 | 2 | - | (78) | 4º da Adams Division da NHL | Non se clasificou para os play-offs |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Internet Hockey Database (ed.). "Maurice Filion" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ lhjmq (ed.). "Équipes d'étoiles de la LHJMQ / QMJHL All-star Teams" (en inglés e francés). Archived from the original on 23 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ Bilan du siècle (ed.). "Maurice Filion (1932-) Entraîneur, Administrateur sportif" (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Montreal Gazette, ed. (28 de outubro de 1972). "Filion follows Richard as Nordiques' coach" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 Les Nordiques. Toute l'histoire de 1972 à 1995 (ed.). "Maurice Filion" (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Montreal Gazette, ed. (20 de xuño de 1980). "Filion is new Quebec coach" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Times News, ed. (1 defebreiro de 1990). "Quebec fires Madden" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ {PDF] Lista dos trofeos individuais da LHJMQ en http://www.lhjmq.qc.ca[Ligazón morta] (en francés)