[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Matrix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Matrix
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Matrix
DirectorLana Wachowski
Lily Wachowski
ProdutorJoel Silver
Lana Wachowski
Lily Wachowski
GuiónLana Wachowski
Lily Wachowski
IntérpretesKeanu Reeves
Laurence Fishburne
Carrie-Anne Moss
Hugo Weaving
Joe Pantoliano
Gloria Foster
Marcus Chong
Matt Doran
Belinda McClory
Julian Arahanga
Anthony Ray Parker
MúsicaDon Davis
FotografíaBill Pope
MontaxeZach Staenberg
EstudioVillage Roadshow Pictures
Silver Pictures
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 31 de marzo de 1999
Galicia 22 de marzo de 2008 (TVG)
Duración136 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia
XéneroAcción
Orzamento$63 000 000[1]
Recadación$463 517 383
Filme seguinteMatrix Reloaded
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/matrix
IMDB: tt0133093 Filmaffinity: 932476 Allocine: 19776 Rottentomatoes: m/matrix Mojo: matrix Allmovie: v177524 TCM: 331223 Metacritic: movie/the-matrix TV.com: movies/the-matrix Netlix: 20557937 Editar o valor en Wikidata

Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.

Neste filme fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.

Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2008.[2]

Thomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»

Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.

Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.

O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia artificial (IA) se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).

Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar a humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será quen de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).

O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1999: 4 Oscars: Mellor montaxe, son, efectos visuais, efectos sonoros.
  • 1999: 2 premios BAFTA: Mellores efectos visuais, son. 5 nomeamentos.
  1. BoxOfficeMojo
  2. "Matrix na TVG". Diario Siglo XXI. 21 de marzo de 2008. Consultado o 20 de abril de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]