Mathieu de Arras
Nome orixinal | (fr) Mathieu d’Arras |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1290 Arras, Francia |
Morte | 1352 (Gregoriano) (61/62 anos) Praga, República Checa |
Lugar de sepultura | Catedral de San Vito |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura, enxeñaría civil e Arquitectura medieval |
Lugar de traballo | Aviñón |
Ocupación | arquitecto, Mestre de obras, albanel, escultor, canteiro |
Movemento | Arte gótica |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Vlastenský slovník historický (pt) |
Mathieu de Arras, nado en Arras cara a 1290 e finado en Praga en 1352, foi un arquitecto, escultor e mestre de obras francés. Foi o primeiro arquitecto da Catedral de San Vito de Praga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe moito da súa vida antes de que chegase a Praga. Estivo a traballar na corte papal en Avignon, no Languedoc. Foi alí onde se encontrou co futuro emperador Carlos IV do Sacro Imperio, quen o convidou a ir con el e construír unha nova catedral para o bispado de Praga, que acababa de ser elevado ao rango de arquidiocese. A catedral de San Vito comezou a proxectarse no ano 1341 nun estilo gótico meridional languedociano. O plano básico era moi próximo do da catedral dos santos Xusto e Pastor de Narbona e máis do da catedral de Nosa Señora de Rodez.
A primeira pedra non foi posta até 1344 e, durante os oito anos seguintes, até a súa morte, Mathieu de Arras, tivo tempo de acabar oito arcadas do coro, o deambulatorio e as capelas radiais desta.
Estabeleceu os talleres en Hradčany, preto da canteira principal.
Logo da súa morte, en 1352, foi o mozo Peter Parler quen, en 1356, retomou o traballo no obradoiro e a canteira de Mathieu de Arras modificando ás veces radicalmente.
En 1348 iniciou as obras do castelo de Karlštejn (Karlstein en alemá) para o mesmo Carlos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Catedral de San Vito de Praga
- Ponte de Carlos, Praga
- Plano da Cidade Nova (Nové Město) de Praga
- Igrexa de Nosa Señora de Týn
- Tamén se lle atribúe Karlštejn