Bigote
O bigote[1], bigoteira[2] ou mostacho[3] é o conxunto de pelos faciais localizados entre o nariz e o beizo superior dos seres humanos. É máis abondoso e mesto nos homes. As mulleres teñen menos pelo, e adoitan depilalo ou tinguilo para que non se lles note. O bigote é, normalmente, moito máis fino que o mostacho, que é definido como un bigote groso.
Historicamente, pódese dicir que o bigote é un trazo facial que tende a identificar diferentes culturas. Na sociedade occidental, o bigote caeu en desuso nas últimas décadas ó ser substituído por unha crecente esixencia de limpeza visual. Nalgúns casos serve para agochar defectos na pel ou cicatrices, ou simplemente como adorno segundo a moda.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Os enormes bigotes que os pobos xermánicos acostumaban levar na Idade Media chamaban a atención dos habitantes da Península Ibérica, así como tamén os xuramentos que aqueles bárbaros proferían. Con inusitada frecuencia, os xermanos exclamaban "bei Gott" (por Deus en galego), que máis que un xuramento era unha mera interxección. Sen entender o que aquelas palabras significaban, os ibéricos comezaron a chamar "bigod" ós homes que levaban bigote até que, co tempo, a palabra mudou e pasou a designar ó apéndice labial. Pola súa banda, a palabra mostacho introduciuse en galego a través do termo francés "moustache".
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Bigote "Chevron".
-
Bigote "Dalí".
-
Bigote "inglés".
-
Bigote "Fu Manchu".
-
Bigote "guiador".
-
Bigote "ferradura de cabalo".
-
Bigote "imperial".
-
Bigote "mexicano".
-
Bigote "natural".
-
Bigote "lapis".
-
Bigote "cepillo de dentes".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bigote.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bigoteira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mostacho.