Monuments and Melodies
Monuments and Melodies | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Incubus | ||||
Edición | 16 de xuño do 2009 | |||
Duración | 61:10 (disco 1) 47:22 (disco 2) (Total: 108:32) | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Epic Records | |||
Producido por | Brendan O'Brien, Scott Litt | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Monuments and Melodies é o primeiro recompilatorio de grandes éxitos da banda estadounidense de rock alternativo Incubus, editado o 16 de xuño do 2009 a través do selo Epic Records como un disco dobre. O primeiro deles contén 13 sinxelos dos álbums Make Yourself, Morning View, A Crow Left of the Murder... e Light Grenades, xunto con dous novos temas producidos por Brendan O'Brien, "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim". O segundo disco é unha colección de rarezas, caras-b, temas de bandas sonoras, versións alternativas, tres temas non editados anteriormente,e unha versión da canción de Prince "Let's Go Crazy".
O álbum toma o seu título dunha canción que apareceu orixeinalmente como cara-b de "Megalomaniac", e como tema extra nas edicións internacionais do disco A Crow Left of the Murder...; tamén foi incluída no disco 2 deste traballo. O debuxo da capa do álbum foi feito polo vocalista da banda Brandon Boyd.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Disco 1 (Monuments)
[editar | editar a fonte]- "Black Heart Inertia" (non editada anteriormente) - 4:53
- "Drive" (do Make Yourself, 1999) - 3:52
- "Megalomaniac" (do A Crow Left of the Murder..., 2004) - 4:54
- "Anna Molly" (do Light Grenades, 2006) - 3:46
- "Love Hurts" (do Light Grenades, 2006) - 3:57
- "Wish You Were Here" (do Morning View, 2001) - 3:36
- "Warning" (do Morning View, 2001) - 4:42
- "Stellar" (doMake Yourself, 1999) - 3:20
- "Talk Shows on Mute" (do A Crow Left of the Murder..., 2004) - 3:52
- "Pardon Me" (do Make Yourself, 1999) - 3:44
- "Dig" (do Light Grenades, 2006) - 4:17
- "Oil and Water" (do Light Grenades, 2006) - 3:49
- "Are You In?" (do Morning View, 2001) - 4:24
- "Nice to Know You" (do Morning View, 2001) - 4:43
- "Midnight Swim" (non editada anteriormente) - 3:15
Disco 2 (Melodies)
[editar | editar a fonte]- "Neither of Us Can See (Original)" (da banda sonora de Stealth, 2005) - 4:04
- "Look Alive" (da edición xaponesa de Light Grenades, 2006) - 4:21
- "While All the Vultures Feed" (non editada anteriormente) - 3:53
- "Pantomime (Altered Version)" (versión non editada anteriormente dunha canción de Alive at Red Rocks, 2004) - 4:39
- "Anything" (non editada anteriormente) - 3:32
- "Punch Drunk" (da edición xaponesa de Light Grenades', 2006) - 5:14
- "Admiration" (da banda sonora de Stealth, 2005) - 4:13
- "Martini" (non editada anteriormente) - 4:09
- "A Certain Shade of Green (Acoustic Version)" (non editada anteriormente) - 3:36
- "Monuments and Melodies" (do disco extra de Alive at Red Rocks Bonus Disc, 2004; e cara-b de "Megalomaniac") - 5:06
- "Let's Go Crazy (Prince cover)" (non editada anteriormente) - 4:29