Monte Logan
Coordenadas: 60°34′02″N 140°24′10″O / 60.567222222222, -140.40277777778
O monte Logan é o monte máis alto do Canadá e o segundo máis alto de Norteamérica despois do Denali. O monte recibe o seu nome por Sir William Edmond Logan, xeólogo canadense, fundador do Geological Survey of Canada (GSC). O monte Logan está situado na Reserva do Parque Nacional Kluane[1] no suroeste de Yukon, menos de 40 km ao norte da fronteira entre Yukon e Alasca. No monte sitúanse os glaciares Hubbard e Logan. Crese que o Logan é a montaña non volcánica de maior circunferencia da Terra.[2][3]
Debido á actividade tectónica de levantamento, o monte Logan aínda continúa a aumentar a súa altura.[4] Antes de 1992, a altura exacta do monte era descoñecida, e as medidas estaban entre 5959 e 6050 m. En maio de 1992, unha expedición da GSC subiu ao monte e fixou a altura en 5959 m empregando o GPS.[2][5]
As temperaturas no monte Logan e as súas proximidades son extremadamente baixas, chegando a -45 °C no inverno e tendo unha temperatura mediana no verán de -27 °C. O 26 de maio de 1991 rexistrouse unha temperatura non oficial de -77,5 °C.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kluane National Park and Reserve of Canada". Parks Canada. Consultado o 1 de agosto de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Mount Logan". Geological Survey of Canada. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2007.
- ↑ "Mount Logan: Canadian Titan". Virtual Museum of Canada. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 18 de setembro de 2008.
- ↑ Roots, Charlie F.; Currie, Lisel D. (1993). "Geodetic and geological observations from the 1992 Mount Logan expedition, Yukon Territory". Paper 93-1A: Current Research, Part A Cordillera and Pacific Margin (Geological Survey of Canada): 22. doi:10.4095/134186.
- ↑ "How scientists solved the mystery of Mount Logan’s true height". Canadian Geographic. 4 de maio de 2017 [1992]. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "Welcome to Summits of Canada Expedition - Mount Logan". summitsofcanada.net. Consultado o 2023-12-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Logan |
A Galipedia ten un portal sobre: Canadá |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Irving, R. L. G. (1940). Ten Great Mountains. Londres: J. M. Dent & Sons. [The climbing history up to 1939 of Mount Logan, Snowdon, Ben Nevis, Ushba, Everest, Nanga Parbat, Kanchenjunga, the Matterhorn, Aoraki / Mount Cook and Mont Blanc.]
- Roper, Steve; Steck, Allen (1979). Fifty Classic Climbs of North America. San Francisco: Sierra Club Books. pp. 179–182. ISBN 0-87156-292-8.
- Scott, Chic (2000). Pushing the Limits, The Story of Canadian Mountaineering. Calgary, Alberta, Canadá: Rocky Mountain Books. ISBN 0-921102-59-3. Consultado o 27 de decembro de 2013.
- Selters, Andy (2004). Ways to the Sky. Golden, CO, USA: American Alpine Club Press. ISBN 0-930410-83-1.
- Sherman, Paddy (1965). Cloud Walkers - Six Climbs on Major Canadian Peaks. Toronto: Macmillan of Canada. Lib Congress Cat# 65-25069.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mount Logan on Peakware - photos
- Map showing location of Mount Logan in the Saint Elias Range
- 2009 Trip Report
- Mount Logan Canadian Titan - Virtual Museum of Canada Arquivado 16 de outubro de 2021 en Wayback Machine.