[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Monte Karisimbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Karisimbi
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional de Virunga Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaMusanze, Ruanda (pt) Traducir, Quivu do Norte, República Democrática do Congo (pt) Traducir, Oeste, Ruanda (pt) Traducir, Província do Norte, Ruanda (pt) Traducir e Nyabihu, Ruanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°30′S 29°27′L / -1.5, 29.45
CordilleiraMontanhas Virunga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4.507 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.312 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico207 km Editar o valor en Wikidata

O monte Karisimbi é un volcán durmido que forma parte da cadea volcánica dos Montes Virunga, unha cordilleira que se estende entre a República Democrática do Congo e Ruanda. O Karisimbi, cunha altura de 4.519 m, sitúase xusto na fronteira entre ambos os dous estados e conforma, ao tempo, a maior altitude do último deles, Ruanda.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Karisimbi érguese no extremo noroccidental de Ruanda e nororiental da R.D. do Congo. É o volcán de menor altitude dos montes Virunga, que son un cordal que forma parte da grande cadea que bordea o Gran Val do Rift. Dada a súa situación, próxima ao Ecuador xeográfico, no territorio dos Virunga predomina o bosque selvático de tipo ecuatorial, que constitúe un refuxio para numerosas especies de animais. Entre eles destaca o gorila, que aquí atopa un dos seus reducidos hábitats.

Historia vulcanolóxíca

[editar | editar a fonte]

As primeiras erupcións do Karisimbi rexistráranse hai uns 240.000 anos, e orixinaran correntes de lava que fluíron cara ao leste até unha distancia dunha ducia de km, e cara suroeste a partir de domos. A última erupción parece que ocorreu cara ao ano 8.050 a. C..

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A montaña foi por vez primeira escalada por occidentais en 1903. É doado de subir, mais non hai rutas marcadas. A base habitual para tentar acometer a subida é a cidade de Ruhengeri, en Ruanda.

O nome Karisimbi, verosimilmente, procede do vocábulo isimbi, que nunha das linguas predominantes da rexión, o kinyaruanda, significa "pequena cuncha", o que sen dúbida é unha alusión ao "capelo" de neve que nalgunhas ocasións cobre a cima da montaña.

Protección ambiental

[editar | editar a fonte]

O territorio no que se inclúe o Karisimbi, está comprendido dentro do Parque Nacional dos Volcáns de Ruanda e no Parque Nacional dos Virunga na R.D. do Congo. Entre o Karisimbi e o Visoke, un outro volcán próximo, está o "Centro de Investigación Karisoke" (Karisoke Research Center). Aquí traballou Dian Fossey, entre 1967 e o ano da súa morte, 1985, observando e investigando sobre o Gorilla beringei beringei.