Moncayo
Tipo | montaña Lugar de importancia comunitaria espazo natural protexido parque natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Aragón, España | |||
| ||||
Cordilleira | Moncayo mountain range (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.314 m | |||
Prominencia topográfica | 1.298 m | |||
Superficie | 11.157,92437 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348928 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES2430028 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1978 | |||
O Moncayo, ás veces tamén chamado Monte de San Miguel é unha montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León), en España. Pola súa altura é a cima máis elevada do Sistema Ibérico e un dos picos emblemáticos da Península Ibérica.
Desde 1978 o contorno onde se ergue está protexido como Parque Natural de la Dehesa del Moncayo cunha superficie de 9.848 ha.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é do máis duro dentro do conxunto do Val do Ebro, aínda que as temperaturas máis baixas se alcanzan nas depresións que cortan os ríos e que poden superar os -15 °C. Ao tempo é a zona máis chuviosa, especialmente na cara setentrional do macizo, onde converxe a nubosidade procedente do noroeste da península, o que fai que as precipitacións medias anuais estean arredor dos 1.000 mm.
Vexetación
[editar | editar a fonte]O relativamente nivel alto de precipitacións, favorece a aparición de plantas propias doutros dominios florais, como o carballo, que se desenvolve nas ladeiras setentrionais baixas, e a faia, que xorde nas zonas de avesedo.
Vías de ascenso
[editar | editar a fonte]- Santuario da Virxe do Moncayo (2h).
- Fonte dos Frailes (2h45).
- Litago (1h15), pola Fonte dos Frailes.
- Cueva de Ágreda (2h30).
- Beratón (2h45).