Mozia
Tipo | xacemento arqueolóxico sitio arqueolóxico da Grecia antiga | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Marsala, Italia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Superficie | 0,65 km² | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
Siege of Motya (en) | ||||
Páxina web | isoladimozia.it | |||
Mozia (grego antigo: Μοτύη, Μοτύα; italiano: Mozia, Mothia; siciliano: Mozzia; inglés: Motya), a día de hoxe San Pantaleo, é unha illa da lagoa de Marsala na provincia de Trapani. Na illa estaba situada a antiga cidade fenicia do mesmo nome. A illa está situada fronte á costa oeste de Sicilia, entre a Illa Grande e o continente, e pertence á Fundación Whitaker.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa esténdese por case corenta e cinco hectáreas e mostra unha forma case circular, está no centro do Grande Estanque de Marsala, que desde 1984 é reserva natural rexional das illas do Grande Estanque de Marsala. O nivel do mar incrementouse en preto de dous metros por encima da época fenicia, e polo que parte dos restos arqueolóxicos está mergullado. O subsolo componse de pedra calcaria branda, coroada por unha fina capa de dura pedra calcaria.
O acceso á illa só se permite en dous peiraos privados, que ademais de uniren a mesma coa parte continental permiten visitar as outras illas da lagoa. A illa pertence á Fundación Whitaker, o público pode visitala durante as horas de apertura, está en vigor a prohibición de desembarco non autorizada. Na antigüidade, unha estrada unía a parte continental coa illa, hoxe en día está mergullada, e xa non é viable debido á erosión das algas.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi colonia fenicia, probablemente só un centro comercial que se converteu en cidade co tempo. Os gregos dicían que fundouna lendariamente por unha muller chamada Motia, e conectárona con Hercules.
Sobre o século VII a.C. pasou a depender de Cartago. A medida que os gregos establecían colonias, os cartaxineses concentráronse nas tres principais: Sos (Solus), Panormo (Panormus) e Mozia (Motya), esta última a máis próxima a Cartago, polo que se converteu en capital das posesións cartaxinesas na illa.
É mencionada como colonia cartaxinesa no 415 a.C. durante a expedición ateniense. No 409 a.C., cando o xeneral Aníbal Magón desembarcou en Sicilia deixou a súa frota en Mozia mentres avanzaba por terra para atacar Selinunte. Nesta época foi saqueada (como tamén Panormo) por Hermócrates, o exiliado siracusano establecido na zona. Durante a expedición cartaxinesa ao mando de Hamílcar Barca (407 a.C.), os cartaxineses usárona como base da súa frota.
No 397 a.C., Dionisio I de Siracusa atacouna e a asediou. A resistencia foi épica; logo de gañaren as murallas e as torres, os habitantes resistiron rúa a rúa, casa por casa; os que sobreviviron e non puideron escapar, foron executados por Dionisio como castigo. Biton foi nomeado gobernador por Dionisio, e o seu irmán Leptines converteuna en base da frota siracusana.
No 396 a.C. desembarcou en Panormo o xeneral cartaxinés Himilcón e reconquistou a cidade, onde non atopou case resistencia. Himilcón fundou entón Lilibea, que tiña unha mellor situación, e trasladou alí aos habitantes de Motya que sobreviviran. A vella Motya desapareceu da historia e o illote foi habitado só por pescadores.
No século XI a illa foi doada polos normandos á abadía de Santa Maria della Grotta di Marsala dos monxes Basilianos, e que logo deron a illa o mome de San Pantaleón (desde o século XI) en honra ao seu santo fundador da orde.
Na segunda metade do século XVI, xunto cos mosteiros de Palermo e Marsala, pasou aos Xesuítas, e o final do Settecento - coa expulsión da orde de Sicilia - pasou a mans de pequenos propietarios que cultivaban principalmente os viñedos, e de feito fano aínda hoxe en día.
A comezos do século Século XX toda a illa foi comprada por Joseph Whitaker, arqueólogo e herdeiro dunha familia inglesa que se trasladou a Sicilia enriquecido coa produción de viño de Marsala. Foi o primeiro en promover a escavación arqueolóxica real. Pódense ver algunhas ruínas, fragmentos das murallas e das dúas portas, tamén se acharon algunhas moedas e cerámica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ruínas dunha parte da antiga cidade
-
Cothon de Mozia
-
Porto do sur de Mozia en 2013
-
Inicio da calzada submarina
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mozia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Archaeological expedition to Motya, by Sapienza University of Rome
- Livius Picture Archive Arquivado 10 de novembro de 2016 en Wayback Machine., incluíndo mapas da illa e a lagoa
- picture archive
- https://www.facebook.com/MoziaScaviUniversitaPalerm