[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Moustapha Niasse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoustapha Niasse

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Keur Madiabel, Senegal Editar o valor en Wikidata
President of the National Assembly of Senegal (en) Traducir
30 de xullo de 2012 – 12 de setembro de 2022
← Mamadou Seck (en) Traducir
Primeiro ministro do Senegal
5 de abril de 2000 – 3 de marzo de 2001
← Mamadou Lamine Loum (en) TraducirMame Madior Boye →
Foreign Minister of Senegal (en) Traducir
1993 – 1998 – Jacques Baudin (en) Traducir →
Primeiro ministro do Senegal
3 de abril de 1983 – 29 de abril de 1983
Foreign Minister of Senegal (en) Traducir
1978 – 1984 – Ibrahima Fall (en) Traducir →
Member of the National Assembly of Senegal (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cheikh Anta Diop (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocialist Party of Senegal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Moustapha Niasse, nado o 4 de novembro de 1939 en Keur Madiabel (Kaolack), é un político senegalés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Logo dos seus estudos primarios en Keur Madiabel e da secundaria no instituto Faidherbe de Saint-Louis, Moustapha Niasse estudou nas universidades de Dakar e París e diplomouse na Escola Nacional de Administración do Senegal, dende onde iniciou a súa carreira como funcionario.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 1979 Niasse foi nomeado ministro de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente e ministro de Asuntos Exteriores o 19 de setembro dese mesmo ano, sempre baixo gobernos do Partido Socialista Senegalés de Leopold Sédar Senghor. O 3 de abril de 11983 convértese en primeiro ministro, pero só por unhas semanas, porque ese mesmo mes ese cargo é suprimido.

Logo dun tempo apartado da primeira liña política, en xuño de 1993, regresa ao posto de ministro de Asuntos Exteriores e dos Senegaleses do Exterior ata que en xullo de 1998 é nomeado por Kofi Annan representante do Secretario Xeral das Nacións Unidas nos países dos Grandes Lagos.

En 2000, é candidato da Alianza das Forzas de Progreso (AFP) nas eleccións presidenciais do 27 de febreiro, onde obtén uns resultados do 16,8% que o sitúan en terceira posición na primeira rolda. A seguir dá o seu apoio ao candidato liberal Abdoulaye Wade, que optaba a desbancar a Abdou Diouf. Logo da vitoria de Wade, é nomeado primeiro ministro.

O 12 de xuño de 2002, Annan volve contar con el, neste caso para designalo enviado especial para conseguir un acordo de goberno entre as forzas políticas da República Democrática do Congo.

O 19 de decembro de 2006 a Coalición Alternativa 2007, que agrupaba 10 partidos políticos da oposición, designouno como candidato ás presidenciais de 2007. Uns días despois foi detido pola policía logo de participar nunha manifestación prohibida de forzas opositoras para conseguir adiar a convocatoria electoral ata xuño. Nos comicios, Niasse obtivo 202.865 votos (un 5,93%), co que quedou en cuarta posición, e venceu no pequeno departamento de Nioro Du Rip, onde naceu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]