Mouhamet Diouf
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 2001 (23 anos) Dakar, Senegal |
Altura | 206 cm |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista |
Nacionalidade deportiva | Italia |
Deporte | baloncesto |
Posición de xogo | Ala-pivote |
Mouhamet Diouf, nado o 21 de xuño de 1997 en Dakar, Senegal, é un xogador de baloncesto profesional internacional italiano. Formado na canteira do Pallacanestro Reggiana, actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,06 m, pode ocupar a posicións de ala-pivote e pivote.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Dakar, capital do Senegal, Diouf formouse como xogador na canteira do Pallacanestro Reggiana, equipo co que debutou na con 17 anos na Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, o 11 de novembro de 2018 ante o Olimpia Milano. Na temporada 2020−21 comeza a ser habitual no primeiro equipo, xogando 24 encontros da Serie A e 3 da FIBA Europe Cup. As súas prestacións foron mellorando temporada a temporada até que na 2022−23 fixo unha media de 6 puntos e 3,2 rebotes por encontro, destacando o seu final de temporada onde fixo unha media de 12 puntos e 5 rebotes por xogo.[2] Após finalizar a temporada e rexeitar a renovación pola Reggiana, o 6 de xullo anúnciase a súa incorporación ao Río Breogán da Liga ACB.[1] A nivel internacional debutou coa selección absoluta de Italia o 26 de febreiro de 2023 ante España, onde conseguiu facer 2 puntos en 5 minutos de xogo.[3]
Clubs
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira, Diouf ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
- Pallacanestro Reggiana (LBA / BCL, 2022−2023)
- Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "O Río Breogán incorpora ao interior Mouhamet Diouf". CB Breogán. 6 de xullo de 2023. Consultado o 6 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Mouhamet Diouf, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2023.
- ↑ "Spain vs. Italy - Feb, 26 2023". Proballers (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2023.