[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

M3 Stuart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
M3 Stuart
Tipocarro de combate lixeiro
OrixeEstados Unidos
Usado porEstados Unidos de América
Producido1941 - 1945
Construídos22 744 M3 e M5
Peso12.9 toneladas
Lonxitude4.53 metros
Anchura2.24 metros
Altura2.39 metros
editar datos en Wikidata ]

O M3 Stuart, formalmente Light Tank M3, foi un carro de combate estadounidense da segunda guerra mundial. Foi subministrado ás forzas británicas e da Commonwealth baixo un acordo de préstamo antes da entrada dos Estados Unidos na guerra. A partir de entón sería usado polos estadounidenses e todas as forzas aliadas ata o final do conflito.

O nome General Stuart ou Stuart dado polos británicos procede do xeneral confederado da Guerra Civil Estadounidense J.E.B. Stuart, e foi usado tanto para o M3 como para o seu derivado M5 Light Tank. No servizo británico tamén sería alcumado Honey, despois de que un condutor remarcase que "She's a honey" (ela é un mel). No servizo estadounidense foron oficialmente coñecidos como "Light Tank M3" e "Light Tank M5". Os M3 Stuart foron os primeiros carros con tripulación estadounidense en enfrontarse a outros carros en combate.