[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lunar Orbiter 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Orbiter 4
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter
TipoOrbitador lunar
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de maio de 1967, 22:25 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas SLV-3 Agena D[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónFotografía da superficie lunar.[2][4][5]
Decaemento6 de outubro de 1967[1]
NSSDC ID1967-041A
Masa385,6 kg[2]
Potencia375 W[2]

Lunar Orbiter 4 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 4 de maio de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Lunar Orbiter 4 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Grazas a que as súas tres antecesoras completaron o obxectivo do programa, Lunar Orbiter 4 centrouse máis na fotografía científica. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][4][5]

Lunar Orbiter 4 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 2706 km e un apoapse inicial de 6111 km, cunha inclinación de 85,5°.[1][2][4][5]

O 11 de maio a porta térmica da cámara comezou a deixar de responder ben aos comandos para abrirse e pecharse, polo que decidiuse deixala aberta ante o risco de quedar pechada e bloquear a cámara, o que implicou manobras de control de actitude adicionais para manter a cámara alonxada da luz solar. A pesar diso o 13 de maio descubriuse que algo de luz solar estaba danando a película fotográfica e tomouse a decisión de pechar parcialmente a porta da cámara, para máis tarde atopar que a lente tiña condensación causada polas baixas temperaturas, sacando fotos lixeiramente borrosas. O 20 de maio o mecanismo de avance da película comezou a mostrar problemas, polo que a parouse de tomar fotos o 26 de maio. Finalmente tomáronse 419 imaxes de alta resolución e 127 de resolución media, cubrindo o 99% da superficie do lado próximo da Lúa cunha resolución de 58 e 134 m respectivamente. O contacto coa nave perdeuse o 17 de xullo de 1967. Debido ao decaemento natural da órbita calcúlase que impactou contra a superficie antes do 31 de outubro de 1967.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 4" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 4" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  3. "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-27601). 22 de novembro de 1967: 2. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]