[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Luise Rainer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuise Rainer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Düsseldorf (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (104 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
ResidenciaDüsseldorf (1927–)
Düsseldorf (1910–)
Viena (década de 1910–)
Hamburgo
Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1997 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMax Reinhardt (pt) Traducir e Constance Collier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Knittel (1945–1989), morte do cónxuxe
Clifford Odets (1937–1940), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0707023 Allocine: 7441 Rottentomatoes: celebrity/luise-rainer Allmovie: p58527 TCM: 157225 TV.com: people/luise-rainer IBDB: 56987
BNE: XX1108400 Discogs: 2547388 WikiTree: Rainer-218 Find a Grave: 140642065 Editar o valor en Wikidata

Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 e finada en Londres o 30 de decembro de 2014,[1] foi unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.

Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy.[2]

A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interveu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.

Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.[3]

Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres, onde faleceu, vítima dunha pneumonía no 2014.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme
1932 Sehnsucht 202
1932 Madame hat Besuch
1933 Heut' kommt's drauf an
1935 Escapade
1936 The Great Ziegfeld
1937 The Good Earth
1937 The Emperor's Candlesticks
1937 Big City
1938 The Toy Wife
1938 The Great Waltz
1938 Dramatic School
1943 Hostages
1997 The Gambler
  1. Luise Rainer, Hollywood golden era Oscar winner, dies aged 104
  2. "How Hollywood 'Discovered' Its Latest Foreign Star" by Dan Thomas, Laredo Morning Times, 17 November 1935 p. 13
  3. Ciaccia, Maria. "A victim of the 'Oscar curse'". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]