[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lintzoain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLintzoain
Imaxe

Localización
Mapa
 42°57′46″N 1°26′15″O / 42.9628, -1.4374
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
ConcelloErroibar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación67 (2020) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31696 Editar o valor en Wikidata

Lintzoain é unha localidade do municipio navarro de Erroibar, dentro da comarca de Auñamendi e o Meiriñado de Sangüesa. A localidade atópase a 35 km de Pamplona e en 2020 tiña 67 habitantes. É a capital administrativa do val, onde se sitúa o seu concello.[1]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome de Lintzoain significa probablemente Pobo de Lindus traducida do éuscaro.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A localidade atópase en centro do val de Erroibar baixo o monte Tiratun (1200 msnm.), a 749 msnm. de altitude, na beira dereita do río Erro e a 35 km da capital de Navarra, Pamplona.

Administración

[editar | editar a fonte]

A localidade está constituída como unha localidade pertencente ao municipio de Erroibar. Na localidade tamén se atopa a sede do val de Erroibar.

Camiño francés

[editar | editar a fonte]

O Camiño de Santiago seguindo a ruta do camiño francés pasa por Lintzoain na súa segunda etapa partindo de Roncesvales.

  1. "LINTZOAIN - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2021-11-29. 
  2. "Lintzoain". Consultado o 2021-11-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Datos de Zubiri - Goberno de Navarra: Información e datos de entidades locales de Navarra.
  • Datos de Zubiri - Federación Navarra de Municipios e Concejos.