[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lindt & Sprüngli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lindt & Sprüngli
Logo
Tipochocolaterie
Data de fundación1898
Fundador(es)Rodolphe Lindt
Director/aErnst Tanner
SedeKilchberg
PaísSuíza
Na rede
https://www.lindt-spruengli.com/
Facebook: lindtchocolateusa Twitter: lindt Instagram: lindt_usa Youtube: UCkWcJuRq5VKx3RaTEHyU16g Pinterest: lindtchocolate Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Boutique Lindt en Nova York.

Lindt & Sprüngli é unha empresa suíza fabricante de chocolate fundada en 1845 por David Sprüngli-Schwarz e o seu fillo Rudolf Sprüngli-Ammann.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

En 1845, o pasteleiro David Sprüngli e o seu fillo Rudolf compraron dúas pastelerías na zona vella de Zúrich. Ao xubilar Rudolf en 1892, dividiu o seu negocio entre os seus fillos: o mozo David recibiu as pastelerías e o maior Johann Rudolf a fábrica de chocolate. Este adquiriu unha pequena fábrica de Rodolphe Lindt, o chocolateiro máis famoso da súa época, en Berna.

En 1879 desenvolveu unha técnica ("conche") coa que elaboraba un chocolate cun aroma e fusión característicos. O seu produto foi un éxito e contribuíu á reputación internacional do "chocolate suízo".

Século XX

[editar | editar a fonte]

O proteccionismo global e as depresións na década de 1920 deixaron grandes perdas no mercado exterior, polo que se concentraron no suízo. A Segunda guerra mundial trouxo restricións de azucre e racionamento de cacao en 1943 pero a compañía conseguiu manterse.

Despois da guerra, houbo un crecemento da demanda no estranxeiro e Lindt comezou a súa expansión. En 1947 concedeu licenzas a Italia, en 1950 a Alemaña e Francia en 1954. En 1977 Lindt comezou a formar un grupo internacional de empresas e as vendas alcanzaron os 900 millóns de francos suízos. En 1994 Lindt & Sprüngli Austria foi fundada en Salzburgo e posteriormente trasladouse a Viena cando Lindt adquiriu o grupo vienés Hofbauer. Despois adquiriron o fabricante italiano "Caffarel". En xaneiro de 1998, Lindt & Sprüngli AG Suíza anunciou a adquisición da chocolateira "Ghirardelli Chocolate Company" en San Francisco, Estados Unidos.

Século XXI

[editar | editar a fonte]
Trufa de chocolate Lindt.
Trufa de chocolate Lindt.

Lindt conta con máis de 300 tendas situadas en todos os continentes.[1] O grupo está composto por fábricas en Suíza, Alemaña, Francia, Italia, Austria e os Estados Unidos, e filiais de vendas e distribución no Reino Unido, Polonia, España e o Canadá, e oficinas de vendas na Arxentina, Hong Kong e Dubai. Lindt tamén ten unha extensa rede de venda de distribuidores no mercado. No Brasil está presente dende 1969[2]; anunciouse unha colaboración (joint venture) en marzo de 2014 co Grupo CRM, propietario de Kopenhagen e Brasil Cacau cunha participación do 51% nas accións e inaugurou a primeira tenda Lindt o 25 de xullo de 2014[3].

  1. "Global retail". Lindt-Spruengli.com. 
  2. "Lindt lança Fruity Moments no Brasil". agênciamam (en portugués). 2019-10-24. Consultado o 2022-07-01. 
  3. "Com bombom grátis, Lindt abre primeira loja no Brasil". Exame (en portugués). 2014-07-25. Consultado o 2022-07-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]