[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua walmajarri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walmajarri
Falado en: Australia Australia
Rexións: Australia Occidental
Total de falantes: 283 (censo de 2016)[1]
Familia: Pama-nyungana
 Ngumbin
  Walmajarri
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wmt
Mapa
Status

O walmajarri está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O walmajarri é unha lingua pama-nyungana falada na rexión de Kimberley, en Australia Occidental, polo pobo walmajari e outros grupos relacionados.

O walmajarri está considerada como unha lingua definitivamente en perigo pola UNESCO[3] en base á súa escala de vitalidade lingüística.[4]

Os nomes desta lingua varían en función de tres dialectos:

  • Walmajarri, Walmatjarri, Walmatjari, Walmadjari, Walmatjiri, Walmajiri, Walmatjeri, Walmadjeri, Walmadyeri, Walmaharri, Wolmeri, Wolmera, Wulmari
  • Bililuna, Pililuna
  • Jiwarliny, Juwaliny, Tjiwaling, Tjiwarlin

As comunidades con poboación walmajarri son:

  • Bayulu
  • Djugerari (Cherrabun)
  • Junjuwa (Fitzroy Crossing)
  • Looma
  • Kadjina (Millijidee)
  • Mindibungu (Bililuna)
  • Mindi Rardi (Fitzroy Crossing)
  • Mulan
  • Ngumpan
  • Wangkajungka (Christmas Creek)
  • Yakanarra
  • Yungngora

O pobo walmajarri adoitaba vivir no Gran Deserto Areoso. Os efectos de colonialismo fixeron que se trasladasen a ranchos, cidades e misións no norte e espallounos por unha vasta área.[5] A distancia xeográfica explica o feito de que existan varios dialectos, que se polarizaron aínda máis pola falta de contacto e foron influídos polas linguas veciñas.

  1. "Census 2016, Language spoken at home by Sex (SA2+)". stat.data.abs.gov.au (en inglés). ABS. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 2017-10-30. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org. Consultado o 4 de decembro de 2020
  4. UNESCO Ad Hoc Expert Group on Endangered Languages. 2003. Language Vitality and Endangerment. Document Adopted by the International Expert Meeting on UNESCO Programme Safeguarding of Endangered Languages. París: UNESCO. Consultado en [1]
  5. McGregor, William B. (2004). The Languages of the Kimberley, Western Australia. Taylor & Francis Group. pp. 11–12. ISBN 9780203434710. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hudson, Joyce. (1978). The Walmatjari: An Introduction to the Language and Culture. Darwin: Summer Institute of Linguistics
  • Hudson, Joyce. (1978). The core of Walmatjari grammar. Australian Institute of Aboriginal Studies. New Jersey, U.S.A.: Humanities Press Inc.
  • Hudson, Joyce & Richards, Eirlys. (1969). The phonology of Walmatjari.
  • Hudson, Joyce & Richards, Eirlys. (1990). Walmajarri–English Dictionary. Darwin: Summer Institute of Linguistics

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]