[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua tariana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tariana
Falado en: Brasil
Rexións: río Vaupés no Amazonas
Total de falantes: 100 (citados en 1996)[1]
Familia: Americana
 Arauaco
  Setentrional
   Arauaco do alto Amazonas
    Nawiki oriental
     Tariana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tae
Mapa
Status

O tariana está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua tariana é unha lingua indíxena da familia arauaca en perigo de desaparición, falada no Brasil por unhas 100 persoas (citados en 1996),[1] e outrora tamén en Colombia. Arredor doutras 1.500 persoas na zona alta e media do río Vaupés se identifican como membros do pobo tariana mais non falan a lingua con fluidez.[3]

Alexandra Aikhenvald, especialista en linguas arauacas da Universidade La Trobe, fixo unha investigación sobre a lingua tariana que inclúe a publicación dunha gramática e un dicionario tariana-portugués.[4]

  1. 1,0 1,1 "A lingua tariana en Ethnologue". Consultado o 6 de xuño de 2024. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Phillips, David J. "Tariana – Taliaseri". brasil.antropos.org.uk (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2019-12-14. Consultado o 2017-12-07. 
  4. "Reuniting a linguistic family: From the ancient Taino of the Caribbean to the modern Tariana of the Brazilian Amazon in the times of COVID 19". The Cairns Institute Newsletter (en inglés) (Universidade James Cook). outubro de 2020. pp. 16–7. Arquivado dende o orixinal o 2023-06-23. Consultado o 2023-06-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]