[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua gumuz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gumuz
B'aga
Falado en: Etiopía e o Sudán
Total de falantes: 180 000 en Etiopía (censo de 2007)
40 000 no Sudán (sen data)
Familia: Nilo-sahariana
 Komuz
  Gumuz
Escrita: Alfabeto ge'ez e latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: guk
Mapa
Status

O gumuz é un continuo dialectal considerada lingua[1] falada entre Etiopía e o Sudán e clasificada dentro da familia nilo-sahariana. A maioría dos falantes en Etiopía viven nas zonas Kamashi e Metekel da rexión de Benishangul-Gumuz, non obstante uns 1000 viven en aldeas próximas á cidade de Welkite na rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur.[2] Os falantes sudaneses viven nunha área ao leste de Er Roseires, arredor de Famaka e Fazoglo no Nilo Azul.[3]

O primeiro testemuño escrito da lingua foi unha lista de palabras recollidas na zona do Monte Guba en febreiro de 1883 por Juan María Schuver.[4]

Variedades

[editar | editar a fonte]

As variedades gumuz non son intelixibles entre si, e as formas gramaticais son distintas entre as variedades do norte e do sur.[5]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

Gumuz conta tanto con consoantes exectivas como con implosivas. Nalgúns dialectos estase a perder en posición velar. Hai unha serie de consoantes palatais, tanto exectivas como implosivas. Os tons son alto e baixo, con abaixamento tonal distintivo.[6] Nalgúns dialectos como o de Sirba aparecen oclusivas bilabiales simultaneamente labializadas e palatalizadas, como na palabra [bʲʷa] 'rata'

Gramática

[editar | editar a fonte]

O gumuz é unha AVO, con caso nominativo marcado, así e todo no norte a orde é AOV, probablemente por influencia do amhara .

  1. Ethnologue
  2. Unseth, Peter. 1989. "Selected aspects of Gumuz phonology." In Taddese Beyene (ed.), Proceedings of the eighth International Conference on Ethiopian Studies, vol. 2, 617-32. Addis Ababa: Institute of Ethiopian Studies.
  3. Raymond G. Gordon, Jr, ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics.
  4. Wendy James, et al., Juan Maria Schuver's Travels in North East Africa, 1880-1883 (London: Hakluyt Society, 1996), pp. 340-43
  5. Ahland, Colleen Anne. 2004. "Linguistic variation within Gumuz: a study of the relationship between historical change and intelligibility." M.A. thesis. University of Texas at Arlington.
  6. Colleen Ahland, 2012. "A Grammar of Northern and Southern Gumuz", Doctoral Dissertation, University of Oregon.