[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua anaang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anaang
Outros nomes:Annang, ibibio occidental
Falado en: Nixeria
Rexións: Estado do río Cross
Total de falantes: 1 400 000 (1991)[1]
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Benue-congo
    río Cross
     Baixo Cross
      Ibibio-efik
       Anaang
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: anw
Mapa
Status

A lingua anaang, tamén coñecida como ibibio occidental,[2] é unha lingua que forma parte do grupo ibibio-efik. É a lingua nativa do pobo anaang de Nixeria. Segundo o ethnologue, en 1991 tiña 1 400 000 falantes. Segundo o joshuaproject, ten 2 335 000.[3]

O anaang está estreitamente relacionado coas outras linguas ibibio-efik: o efik, o ibibio e o ukwa. As linguas ibibio-efik forman parte da familia das linguas do río Cross, dentro da gran familia de linguas benue-congo.

Os falantes de anaang viven no estado de Akwa Ibom, concretamente nos LGAs Ikot Ekpene, Essien Udim, Abak, Ukanafum e Oruk-Anam.[3]

Dialectoloxía e desenvolvemento da lingua

[editar | editar a fonte]

Os dialectos da lingua anaang son o Ikot Ekpene, o Abak e o Ukanafum.[1]

O anaang ensínase en escolas de primaria e é empregado na televisión.[1]

Relixión

[editar | editar a fonte]

O 99% dos falantes de anaang pertencen a relixións cristiás. Concretamente, o 33% son seguidores de relixións evanxélicas.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 anaang en ethnologue.com
  2. Okon E. Essien, 1986, Ibibio names: their structure and their meanings
  3. 3,0 3,1 3,2 anaang en joshuaproject.net