[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua achuar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Achuar
Outros nomes:Shiwiar
Falado en: Perú e Ecuador
Total de falantes: Descoñecido (crese que arredor duns 7.000)[1]
Familia: Xíbaro
 Achuar
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: acu
Mapa
Status

O achuar está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O achuar[3] é unha lingua da familia xíbara falada no Perú e Ecuador polo pobo achuar.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

No Perú os achuar viven ao longo dos ríos Morona, Macusari, Tigre, Huasaga e Corrientes no departamento de Loreto.
En Ecuador os achuar viven en 7 asentamentos das provincias de Pastaza e Morona-Santiago

6.000? (2004)

  • Perú: 3500
  • Ecuador: 2500

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Shiwiar: 720 falantes en 8 asentamentos en Ecuador

Os misioneiros protestantes crearon unha ortografía para a lingua na que se editaron unha gramática, un dicionario e algúns textos relixiosos, entre os que destaca a tradución do Novo Testamento (1981-1994)
O achuar emprégase nas escolas de Ecuador e Perú e no ensino radiofónico en Ecuador, para o que se editaron materiais educativos.

  1. Ethnologue (ed.). "Falantes de achuar en Ethnologue". Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]