Les Quatre Cents Coups
Les Quatre Cents Coups | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Quatre Cents Coups |
Director | François Truffaut |
Produtor | François Truffaut Georges Charlot[1] |
Guión | François Truffaut Marcel Moussy |
Intérpretes | Jean-Pierre Léaud Albert Rémy Claire Maurier |
Música | Jean Constantin |
Fotografía | Henri Decaë |
Montaxe | Marie-Josèphe Yoyotte |
Estudio | Les Films du Carrosse |
Distribuidora | Cocinor |
Estrea | 4 de maio de 1959 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Romance |
Recadación | 30,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Les Quatre Cents Coups, é unha película francesa de 1959 dirixida por François Truffaut. Foi a súa primeira longametraxe, considerada unha das primeiras obras da nouvelle vague.[3]
A película e autobiográfica en gran parte e presenta a primeira aparición do personaxe de Antoine Doinel, alter ego do propio Truffaut e que interpretará ao longo de 20 anos o mesmo actor, Jean-Pierre Léaud.
Les Quatre Cents Coups está amplamente considerada un dos mellores filmes franceses da historia; na enquisa a críticos de Sight & Sound de 2012, foi votado como o 39.º filme.[4] Na mesma lista, na enquisa aos directores apareceu no posto 13.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Antoine Doinel é un adolescente parisiense non especialmente querido pola súa familia. A súa nai, que o tivo de solteira, ten unha conduta severa con el. O seu padrasto, pola súa banda, fai o posible por toleralo.
A falta de atención da súa familia fai de Doinel un alumno díscolo no colexio, mais as súas trasnadas agotan a paciencia do seu profesor Sopruss. Un día falta ao colexio co seu amigo René: así verá o boa que é a vida fóra da escola, ademais de crúa e real tras atopar a súa nai cun amante. Esta fuxida do colexio fai que Antoine comece a meterse en máis problemas, ata o punto de que despois de sacar un cero nunha composición en que prometera unha boa nota aos seus pais, escapa co seu amigo.
Un día, ao intentar roubar unha máquina de escribir na oficina do seu padrasto, é descuberto e acaba no reformatorio só, sen o seu mellor amigo. Porén, cumpre un gran soño que tiña desde pequeno: ver o mar.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Jean-Pierre Léaud como Antoine Doinel
- Albert Rémy como Julien Doinel, padrasto de Antoine
- Claire Maurier como Gilberte Doinel, nai de Antoine
- Guy Decomble como Sourpuss, profesor
- Patrick Auffay como René Bigey, mellor amigo de Antoine
- Georges Flamant como Monsieur Bigey, pai de René
- Pierre Repp como profesor de inglés
- Daniel Couturier como Betrand Mauricet
- Luc Andrieux como profesor de ximnasia
- Robert Beauvais como director do colexio
- Yvonne Claudie como Mme Bigey
- Marius Laurey como inspector Cabanel
- Claude Mansard como maxistrado
- Jacques Monod como commisario
- Henri Virlojeux como vixilante
- Jeanne Moreau como muller que busca un can
- Jean-Claude Brialy como home tratando de recoller unha muller
Truffaut tamén incluíu amigos en pequenos papeis: el mesmo e Philippe De Broca na escena da feira, Jacques Demy como policía e as voces de Jean-Luc Godard e Jean-Paul Belmondo.
Legado
[editar | editar a fonte]Truffaut realizou outros catro filmes con Léaud interpretando a Antoine Doinel en diferentes etapas da súa vida: Antoine and Colette (contribución de Truffaut ao filme antolóxico de 1962 L'Amour à vingt ans), Baisers volés, Domicile conjugal e L'amour en fuite.
Os cineastas Akira Kurosawa, Luis Buñuel, Satyajit Ray, Jean Cocteau, Carl Theodor Dreyer, Richard Linklater, Tsai Ming Liang, Woody Allen, Richard Lester, P C Sreeram, Norman Jewison, Wes Anderson e Nicolas Cage citaron o filme como un dos seus favoritos.[5][6] Kurosawa dixo que era "un dos filmes máis fermosos que nunca vin".[7]
Martin Scorsese incluíuno nunha listaxe dos "39 Essential Foreign Films for a Young Filmmaker".[8]
O filme foi clasificado no posto 29 na lista da revista Empire dos "100 mellores filmes do cinema mundial" en 2010.[9] En 2018, o filme foi votada como o oitavo mellor en lingua estranxeira de todos os tempos na enquisa da BBC a 209 críticos en 43 países.[10]
O cartel do 71.º Festival Internacional de Cinema de Venecia foi un tributo ao filme, ao mostrar a personaxe de Antoine Doinel interpretada por Jean-Pierre Léaud.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 400 Blows Cast/ Credits". Criterion. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 5 de agosto de 2012.
- ↑ Box Office information for Francois Truffaut films Arquivado 27 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en Box Office Story
- ↑ Zeitchik, Steve (23 de outubro de 2016). "Growth Spurt". The Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ "The Greatest Films Poll". bfi.org.uk. BFI. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2014.
- ↑ "BFI | Sight & Sound | Top Ten Poll 2002". Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2009.
- ↑ "Akira Kurosawa's Top 100 Movies!". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010.
- ↑ "The 400 Blows". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Martin Scorsese Creates a List of 39 Essential Foreign Films for a Young Filmmaker". Open Culture. 15 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015.
- ↑ "The 100 Best Films Of World Cinema | 29. The 400 Blows". Empire. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010.
- ↑ "The 100 greatest foreign-language films". BBC Culture. Consultado o 17 de decembro de 2020.
- ↑ "Venice Film Fest Unveils Poster for 71st Edition". The Hollywood Reporter. 4 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014.
- ↑ "Venice Film Festival 2014: What we know so far". Swide. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baecque, Antoine de; Toubiana, Serge (1999). Truffaut: A Biography. Nova York: Knopf. ISBN 978-0375400896.
- Bergan, Ronald, ed. (2008). François Truffaut: Interviews. Oxford: University Press of Mississippi. ISBN 978-1934110133.
- Holmes, Diana; Ingram, Robert, eds. (1998). François Truffaut (French Film Directors). Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0719045530.
- Insdorf, Annette (1995). François Truffaut. Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0521478083.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The 400 Blows en NewWaveFilm.com
- The 400 Blows: Close to Home, artigo de Annette Insdorf en Criterion Collection
- Crítica Arquivado 20 de setembro de 2012 en Wayback Machine. de Roger Ebert