[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Leto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Λητώ Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaZeus Editar o valor en Wikidata
FillosApolo, Artemisa Editar o valor en Wikidata
PaisCeo Editar o valor en Wikidata  e Febe Editar o valor en Wikidata
IrmánsAstéria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
National Encyclopedia of Uzbekistan (en) Traducir >>>:Leto Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Leto (en grego antigo Λητώ Lêtố, en dórico Lato, "a agochada") é unha filla dos titáns Ceo e Febe[1] e, no panteón olímpico, nai con Zeus dos xemelgos Apolo e Artemisa.[2] Na mitoloxía romana o seu equivalente, como nai de Apolo e Diana, é Latona. Coa súa irmá Asteria, foi louvada coma deusa da noite e alternativamente da luz do día.

Adoración

[editar | editar a fonte]

En Creta, na cidade de Dreros, o arqueólogo grego Spyridon Marinatos escavou en 1935 un templo de fogar[3][4] do século VIII a. C. no que achou tres figuras de culto da tríade apolínea: Apolo, Artemisa e Leto.[5][6] A figura de Leto foi realizada no estilo orientalizante cedo de finais do século VIII a. C.[7] (ou ben cara ao 650 a. C.[3]), usando a técnica do sphyrelaton: martillando láminas de bronce sobre un núcleo de madeira que lles daba forma.[3][4][6] Ten 40[7] ou 45 cm,[4] e posúe un corpo e vestido de estilo xeométrico que anticipa xa o estilo dedálico.[7] Actualmente atópase exposta no Museo Arqueolóxico de Heraclión, na vitrina 20 da sala 19.[6] Walter Burkert sinala (en Relixión grega) que en Festos aparece vencellada cun rito de iniciación.

Leto era a deusa principal de Licia (Anatolia). O seu santuario, o Letoon preto de Xanto, unía a confederación licia de cidades-estado. A xente de Cos tamén reclamaba a Leto como súa.

Unha medida dunha deusa Leto tan primordial pode recoñecerse no seu pai titán, cuxo nome Ceo» vencéllao coa esfera do ceo de polo a polo, e a súa nai Hebe, que é precisamente o epíteto "puro" e "purificador" da lúa chea.

Nacemento de Artemisa e Apolo

[editar | editar a fonte]

Zeus tentou violar á súa irmá Asteria, que fuxiu transformándose en paspallás, guindándose ao mar e converténdose na illa flotante de Ortiguia, coñecida despois como Delos.

Hera persegue a Leto e logra que ningún lugar a acolla para o parto agás a illa Ortiguia, que se atopaba baleira. Trata de impedir o parto prohibindo á súa filla Ilitía, deusa dos partos, que a atenda, e cando Leto xa ten un atraso de 9 días os deuses conmóvense das súas dores e fan que naza primeiro Artemisa e que esta axude á súa nai no nacemento de Apolo.

A illa Ortiguia queda fixada ao fondo con 4 columnas e muda o seu nome polo de Delos, que significa rechamante, en relación con Apolo, deus da luz.

Hera conseguiu que Xea crease á serpe Pitón para que devorase ao neno, mais Apolo convértese en mozo en só 4 días e mata a Pitón. Así, aprópiase do Oráculo de Delfos, que vixiaba a serpe.

Na persecución de Hera, Leto e mailos seus fillos chegan a un estanque e cando vai darlles de beber, uns campesiños, instigados por Hera, removen a auga converténdoa en lama e Zeus castígaos converténdoos en ras.

Apolo e Artemisa foron grandes protectores da súa nai e mataron o xigante Ticio por tentar violala.

Tamén a defenderon das esmorgas de Níobe, dona de Anfión, co que tivo 7 fillos homes e 7 femias, e que se escarniou de Leto por escasa descendencia, sendo castigada a ver morrer a todos os seus fillos polas frechas de Apolo e Artemisa, salvándose só Cloris.

  1. Hesíodo na Teogonía 404, Apolodoro 1.9, Diodoro Sículo 5.67.1, e prefacio das Fábulas de Hixino. Só noméase a Ceo no Himno homérico a Apolo III 61, o Canto das procesións en Delos de Píndaro, o fragmento 44A de Safo de Lesbos, o Himno a Delos de Calímaco 150, o Himno órfico 35, Ovidio nas súas Metamorfoses 6.186 e as Fábulas de Hixino 140.
  2. Hesíodo na Teogonía 918 e Os Traballos e os días 770; Homero, na Ilíada 1.9 e 21.495 e na Odisea 6.100 e 11.318; Himno homérico a Artemisa 27; Píndaro na Oda nemea 6 e 8 e no Canto das procesións en Delos; Esquilo en Euménides 323; Himno órfico 35; Himno a Artemisa e Himno a Delos de Calímaco; Apolodoro 1.21 e 3.46; Pausanias 8.9.1 e 8.53.1; Fábulas de Hixino 9 e 140.
  3. 3,0 3,1 3,2 Perseus Dixital Library. Site Catalog Name: Dreros (en inglés). ? Sitio consultado o 17 de agosto de 2009.
  4. 4,0 4,1 4,2 González Serrano, Pilar (2000): Historia Universal da arte. Volume 2: Grecia e Roma. ? Espasa Calpe, Madrid, 2000, p. 33. ISBN 84-239-6156-7
  5. Johnston, Alan: Grecia emerxente. Volume I. ? Folio, Barcelona, 1996, p. 42. ISBN 84-413-0246-4
  6. 6,0 6,1 6,2 Troso, Cristina (2004): «Heraklion» e «Dreros», en Maggi, Stefano e Troso, Cristina: Guías de arte e viaxes: Os tesouros de Grecia. ? Libsa, Madrid, 2006, pp. 565 e 579. ISBN 84-662-1336-8
  7. 7,0 7,1 7,2 Boardman, John (2006): «Sources and Models» en Palagia, Olga (ed.): Greek sculpture. Function, Materials, and Techniques in the Archaic and Classical Periods. ? Cambridge University Press, 2006, pp. 2-3. ISBN 0-521-77267-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]